_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O Concello seguirá informando aos veciños sobre a compostaxe e buscará alternativas ao emprazamento dentro da Coca

O Concello de Vilagarcía continuará informando aos veciños de Rodrigo de Mendoza e A Florida sobre a compostaxe e buscará alternativas para emprazar os composteiros nun lugar da Coca aceptado maioritariamente polos veciños. O goberno ten intención se continuar impulsando este sistema natural de xestión de residuos, tal como aconsellan as directrices europeas, e intensificará a campaña informativa para resolver as dúbidas sobre o proceso que está avanzando con éxito no Piñeiriño, e que se pretende estender á zona de Rodrigo de Mendoza e A Florida.
06.05.2017.- O concelleiro de Medio Ambiente valorou positivamente as sesións celebradas onte na Coca. Mouriño recoñeceu que houbo veciños que manifestaron vehementemente as súas queixas e que deixaron patente que se opoñen totalmente á implantación da compostaxe, pero tamén que hai outros veciños que están dispostos a participar. Dentro destes, un sector comentou que o farían sempre que se busque outro emprazamento para os composteiros, e outra parte está disposto a participar independentemente da colocación dos depósitos.

Mouriño comprende o malestar dos primeiros e asume o erro de precipitación á hora de decidir o emprazamento dos composteiros como consecuencia do planing de traballo que daba a Deputación. Por iso, insistiu en que descártase por completo o emprazamento previsto inicialmente no inicio do parque da Coca dende Rodrigo de Mendoza, e en que se buscará unha alternativa que agrade aos veciños e que sexa compatible coas necesidades do proceso. Neste punto, Mouriño apuntou que está circulando información errada. Insistiu en que o proceso da compostaxe ben realizado non xera ningún tipo de cheiro, algo que é tan fácil de comprobar como achegarse ao Piñeiriño, onde cada vez son máis os veciños que se suman á iniciativa ao ter disipado as súas reticencias iniciais tras estes meses de funcionamento.

Ademais, hai que ter en conta que neste plan hai unha persoa, a mestra composteira, encargada de supervisar e facer seguimento diario do proceso para garantir que se está a facer ben, que asesora aos veciños e que fai as labores de subministro de estruturante, aireación, trasvase e retirada do compost.

Outro dato importante é que os depósitos deben estar en contacto directo coa terra -non pode estar nunha beirarrúa ou calzada- xa que no proceso natural de conversión dos residuos orgánicos en compost interveñen necesariamente os microorganismos e bichos que se atopan no chan, como ocorre coa descomposición das follas que caen das árbores, por poñer un exemplo.

Estes e outros datos serán explicados convenientemente na campaña informativa a desenvolver na contorna da Coca, xa que o Concello está comprometido co impulso da compostaxe como método natural para xestionar os residuos orgánicos de forma respectuosa co medio ambiente e como medio para reducir os custes económicos e ambientais que supón a incineración, que é como se eliminan actualmente os residuos urbanos da “bolsa do lixo”.

Para poñer en marcha a compostaxe comunitaria na contorna da Coca precísase acadar o compromiso de participación de 100 veciños residentes na zona da Florida e Rodrigo de Mendoza (non valen doutras zonas). Si non se reúne este número, pensarase noutro barrio para continuar coa implantación da compostaxe urbana.

En todo caso, de lograr estas 100 firmas, a colocación dos composteiros consultarase previamente cos veciños e Augas de Galicia, e atendendo ás necesidades que require o sistema de compostaxe. Tamén tería que aplicarse o criterio de proximidade para promover a participación e por comodidade dos veciños, o mesmo criterio que se usa para distribuír os contedores de lixo, cartón, envases e vidro nos distintos barrios e lugares da cidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -