_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Empezan as labores de acondicionamento da bolsa de aparcamento do Piñeiriño

A bolsa de estacionamento público aberta no Piñeiriño grazas ao acordo acadado polo Concello e a familia González Garra estará en condicións óptimas de uso para Semana Santa. Os operarios municipais iniciaron o venres a traballar na parcela co obxectivo de ter acondicionada unha boa parte dos terreos de cara aos festivos que se aveciñan co obxecto de poder xa dar servizo en condicións ás numerosas persoas que se espera acudan este fin de semana ao torneo do Arousa Fútbol 7 que se celebra no Manuel Jiménez.
10.04.2017.- Os traballos comezaron co desbroce e retirada de maleza e continúan estes tres días laborais coa explanación dos mesmos.

O Concello e a familia González Garra asinaron un convenio mediante o cal os propietarios acceden a que a parcela de 8.544 metros cadrados poida ser utilizada como aparcamento público gratuíto para dar servizo aos usuarios do complexo multideportivo de Fontecarmoa, ao colexio do Piñeiriño e ao barrio. A cambio, o Concello paga aos propietarios un aluguer simbólico igual ao importe do que a parcela tributa por concepto do IBI.

A un acordo similar se chegou tamén con dous propietarios da Escardia, cuxas usándose como aparcamento disuasorios dende as festas de agosto, e máis recentemente, con outro para habilitar os solares sitos á entrada do barrio das Pistas, sitos ao pé da Avenida de Cambados e a escasos metros da Rúa Vista Alegre.

A procura e posta a disposición de aparcamentos públicos foi un compromiso electoral do goberno de Alberto Varela, que con este tipo de acordos está poñendo remedio á falta de estacionamentos no centro urbano.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -