_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Vilagarcía propón crear e homologar unha gran ruta de sendeirismo a partir do programa Goza do Ulla

O concello de Vilagarcía propuxo aos concellos que participan no programa de sendeirismo Goza do Ulla crear unha gran ruta que integre a todos os municipios situados a ambas beiras do río co obxectivo de ofrecer un produto de entidade que reúna os requisitos para poder ser homologada como Gran Ruta por parte da Federación Galega de Montañismo e ser incluída na rede de Camiños Naturais do Ministerio de Medio Ambiente. A proposta presentouna o concelleiro de Turismo, Juan Antonio Pérez Callón, no transcurso da reunión que os municipios que conforman actualmente o programa mantiveron en Touro para avanzar a posta en marcha dunha nova edición destas rutas de sendeirismo.
10.04.2017.- O modelo a seguir sería o que xa está en práctica nas rutas de O Courel, a Ribeira Sacra, Os Ancares, a Costa da Morte ou a Baixa Limia, por poñer algúns exemplos.

A iniciativa de Vilagarcía baséase na inclusión neste proxecto de todos os municipios do curso baixo do Ulla e polas dúas marxes. Cada concello tería que definir o percorrido polo seu territorio de xeito coordinado cos municipios limítrofes a efectos de darlle a continuidade. Tamén terían que determinar os atractivos oe elementos a destacar dentro do percorrido. Ademais proponse completar a senda con pontes de madeira para atravesar o río nas súas zonas más estreitas co obxecto de dar a opción á establecer diferentes rutas circulares en función dos quilómetros que os sendeiristas desexen facer.

Dende Vilagarcía considérase que esta ruta tería éxito dada a crecente demanda de ecoturismo e turismo activo e pola variedade e atractivo do propio trazado que pasaría por zonas fluviais de interior, por esteiros próximos á desembocadura do Ulla na Ría de Arousa, por bancos marisqueiros como os dos Lombos e remataría en territorio dun Parque Nacional como é a Illa de Cortegada, xa na Ría de Arousa. Iso a maiores dos elementos de interese monumental, histórico ou etnográfico que hai por todo o percorrido, como muíños, pesquerías ou As Torre do Oeste, pro poñer un exemplo.

O proxecto arguméntase nas numerosas avantaxas que suporía como a posta en valor dun entorno definido que se pode promocionar como destino turístico, ademais de xerar un sentimento de respecto e ao medio ambiente e ao rural.

Tamén contribuiría á creación doutro tipo de produtos e servizos complementarios xeradores de actividade económica como empresas dedicadas á oferta de actividades como o ciclismo de montaña, kayak, rafting, kitsurf…

Ademais, ao tratarse dunha iniciativa supramunicipal permitiría o acceso a financiamento a través de programas da AGAER, deputacións provinciais, do Ministerio de Medio Ambiente ou da Axencia de Turismo de Galicia, o que tamén suporía a avantaxa da promoción a través das redes destes organismos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -