_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Citania Arqueoloxía encargarase da restauración dos petróglifos de Bamio

A Xunta Local de Goberno acordou esta semana adxudicar á firma Citania Arqueoloxía os traballos de conservación, restauración e posta en valor do conxunto dos petróglifos dos Ballotes e Meadelos, na parroquia de Bamio. As labores valoradas en 24.000 euros comezarán a finais de abril ou principios de maio, unha vez que a adxudicataria presente a documentación para proceder á firma do contrato. Esta actuación enmárcase na política que está a seguir o goberno para conservar, potenciar e divulgar o patrimonio histórico e arqueolóxico de Vilagarcía e que xa se está a desenvolvendo no xacemento do Castro de Alobre e a súa contorna.
12.04.2017.- O custe dos traballos financiarase cunha achega da deputación de 18.000 euros e coa aportación municipal dos 5.000 euros restantes.

Con esta actuación o Concello pretende revalorizar o valioso conxunto de arte rupestre existente na parroquia de Bamio dende hai máis de 4.000 anos. No variado conxunto de gravados nas pedras dos Ballotes e Meadelos atópanse presentes unha gran parte da iconografía rupestre galega, dominando a presenza de círculos concéntricos, cérvidos e équidos de gran realismo - destacando una posible escena de equitación-, así como a presenza de motivos complementarios como cazoletas e outros indeterminados.

Actuación

A primeira liña de actuación prevista neste proxecto e a máis urxente consiste na limpeza das rochas que conteñen os gravados xa que neste momento presentan colonización biótica e unha presenza importante de vexetación sobre a súa superficie que ademais de impedir a correcta visualización dos petróglifos, precisa ser retirada para evitar danos irreparables nos mesmos.

Nun segundo estadio do proxecto prevese deseñar un itinerario guiado para facilitar as visitas e comprensión do xacemento rupestre. Será un percorrido totalmente accesible que permita regular as visitas e que os visitantes perciban e contemplen os gravados de xeito sostible. Deste xeito evítase o risco do pisado das rochas e tamén a utilización de métodos máis agresivos para a percepción dos debuxos, como o pintado con xices.

Para que o visitante dispoña de toda a información necesaria sobre os petróglifos de Os Ballotes e Meadelos, reporase e actualizarase o panel de benvida no que se inicia a ruta e colocaranse sinais ao pé de cada coa representación de cada gravado para facilitar a localización e interpretación do mesmo sobre a pedra.

A actuación de limpeza das rocas só se realizará nas asentadas en terreos municipais, aínda que o itinerario incluirá información e sinais do resto do conxunto.

Finalmente, e de igual importancia que o anterior, levarase a cabo un programa de divulgación e difusión dos petróglifos de Bamio mediante accións a través dos medios de comunicación, visitas guiadas e elaborarase unha audio guía que será accesíble para todo o mundo a través dos códigos QRs incluídos en todos os paneis e sinais do xacemento arqueolóxico.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -