_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello destinou o ano pasado 454.245 euros a prestar o Servizo de Axuda no Fogar a 96 usuarios

O Concello de Vilagarcía prestou en 2016 o Servizo de Axuda no Fogar a un total de 96 persoas dependentes ou con déficit de autonomía. Este servizo público ofertado dende os Servizos Sociais consiste en ofrecer aos seus beneficiarios un conxunto de atencións que lles facilitan o desenvolvemento e a permanencia no seu fogar e na súa contorna o maior tempo posible. Para financiar esta prestación, o Concello destinou o ano pasado 545.245 euros do orzamento dos Servizos Sociais municipais que dirixe Tania García Sanmartín.
15.04.2016.- O Servizo de Axuda no Fogar é un dos programas máis importantes dos Servizos Sociais. A través del, persoal cualificado acude ao domicilio dos usuarios a asistilos nas tarefas que estean indicadas e durante as horas semanais tamén asignadas en función das necesidades de cada caso. Así, realízanse atencións de carácter persoal na realización de actividades básicas, como asistencia para levantarse e deitarse, apoio a hixiene persoal, control do réxime alimentario e, se é preciso, axuda para alimentarse, supervisión das rutinas de administración de medicamentos ou apoio para cambios posturais e mobilizacións a persoas encamadas. Tamén se prestan atencións na realización de actividades da vida cotiá como acompañamento fóra do fogar para acudir ao médico e apoio na realización de xestións necesarias e urxentes.

Tamén se realizan atencións para cubrir necesidades de carácter doméstico que moitas persoas están incapacitadas para realizar por elas mesmas, como a limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda, preparación de alimentos e coidados básicos da vivenda e mesmo compra de alimentos e outros produtos de uso común, xa sexa acompañando ao usuario ou facéndoo directamente o propio auxiliar.

DEPENDENCIA VALORADA E POR LIBRE CONCORRENCIA

O Concello de Vilagarcía presta o SAF en dúas modalidades. A primeira para persoas en situación de dependencia valorada segundo a Lei de Dependencia, e a segunda a de acceso por libre concorrencia, que presta o Concello directamente para aqueles casos que non entren no primeiro apartado pero que, segundo os informes dos Servizos Sociais Municipais, precisen desta prestación.

O número de usuarios do SAF por dependencia foron 83 (63 mulleres e 20 homes) mentres que por libre concorrencia o Concello prestou o servizo a 13 persoas (9 mulleres e 4 homes).

HORAS DE ATENCIÓN

En total, o ano pasado prestáronse 33.847 horas se Axuda no Fogar aos 96 usuarios. Delas, 4.010 corresponderon a atención realizadas en días festivos.

NOVO CONTRATO CON MÁIS HORAS DE SERVIZO E PERSOAL

O Concello de Vilagarcía presta o servizo de Axuda no Fogar a través de xestión indirecta e mediante o sistema de concesión administrativa. En 2016 sacouse a licitación o servizo ao ter expirado o contrato en vigor, razón pola que foron dúas as empresas que se encargaron de prestar o servizo: Clece, ata o 31 de outubro e Ferrovial, a gañadora do concurso, a partir do 1 de novembro.

O novo contrato supuxo unha importante mellora nas condicións de prestación do SAF, posto que o Concello gañou 342 horas máis de servizo ao mes para a modalidade de libre concorrencia. Isto permitiu ampliar a atención aos casos que o necesitaban e tamén dar de alta a persoas que se atopan en lista de agarda. A mellora tamén permitiu crear unha bolsa de reserva de 60 horas para atender situacións de urxencia de curta duración, como por exemplo atender a unha persoa que durante a convalecencia dunha operación precisa de axuda no fogar de xeito puntual e sempre tendo en conta que deben ser casos en situación de vulnerabilidade, con ingresos limitados e que carezan de apoio familiar.

A renovación do contrato tamén permitiu ampliar o número de traballadores destinados a atender aos usuarios, pasando de 26 a 34 auxiliares de Axuda no Fogar, e que se complementan cunha coordinadora do servizo e persoal de apoio para temas laborais, sociais, prevención de riscos, calidade,… (psicóloga, Traballadores sociais, asesor xurídico…)
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -