_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
MEDIO AMBIENTE
Os alumnos do CEIP Piñeiriño fórmanse sobre a compostaxe nos puntos comunitarios do barrio

Noventa alumnos do colexio do Piñeiriño aproveitarán a experiencia da compostaxe comunitaria que se está a desenvolver no barrio a través do Plan Revitaliza para ampliar a súa formación sobre a xestión eficiente de residuos urbanos e, en concreto sobre o proceso da compostaxe. A xornada divulgativa será o mércores e consistirá nunha breve charla da mestra composteira nas aulas para, a continuación, visitar os composteiros comunitarios situados no parque do Piñeiriño a efectos de coñecer paso a paso o proceso mediante o cal os residuos orgánicos que se xeran nas casas da zona se converten en abono mediante un proceso totalmente natural e ecolóxico.
17.03.2017.- A realización desta xornada formativa parte do propio colexio no que se está a desenvolver un programa de coidado e respecto do medio ambiente a través da correcta xestión dos residuos. Despois de traballar na correcta separación dos residuos para botalos nos contedores axeitados de cara a súa reciclase (vidro, papel cartón e envases lixeiros) agora tócalle ao residuos orgánicos que normalmente se desbotan na tradicional bolsa do lixo. Para reducir tamén esta bolsa e aproveitar ao máximo os residuos, os nenos e nenas de 5 e 6 curso coñecerán como se poden reutilizar os desperdicios orgánicos para facer compost.

A mestra composteira do plan provincial será quen lles explique que tipo de residuos se poden botar nos composteiros, o material estruturante co que hai que mesturalos (restos de poda, toxo..), e as distintas fases ata que se obtén o compost. Profesores e alumnos tamén poderán comprobar en persoa que, ben feito, a compostaxe non xera cheiros nin provoca a aparición de moscas, como ben saben xa os veciños do Piñeiriño.

A xornada comezará sobre as 10.30 horas coas charlas no centro para desprazarse ata os composteiros do parque sobre as 11 da mañá.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2017  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -