_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Comeza o pintado da sinalización horizontal en Rosalía de Castro tras o remate das obras de saneamento

O remate das obras de mellora do saneamento e a posterior reposición do firme na Avenida Rosalía de Castro permitirá que mañá comece o pintado da sinalización horizontal nos tramos da vía afectada polos traballos contratados nos últimos meses polo Concello. A actuación prevé o repintado de pasos de peóns e demais sinalización viaria dende a rotonda da Praza da Liberdade ata ás inmediacións do Hotel Carril.
17.04.2017.- O Concello de Vilagarcía realizou un importante investimento en mellorar a rede de saneamento en Carril co obxectivo de poñer fin ás reiteradas avarías que se producían ao colapsar o sistema. Os traballos consistiron na ampliación da capacidade e potencia do bombeo situado na Praza da Liberdade, na substitución dun tramo de tubo por outro de maior diámetro e na instalación de rede separativa para a recollida de augas pluviais na Rúa Nova e rúa Victoria, de xeito que non saturen o saneamento. Con esta sobras tamén se pretende poñer fin aos verquidos que se producían cando o sistema colapsaba e tiña que aliviar cara o mar.

Rematados eses traballos, procedeuse á reposición do firme na zona afectada polas obras, polo que agora xa se pode efectuar o pintado da sinalización. Aínda que as obras de saneamento foron financiadas polo Concello, a empresa encargada de pintar a vía comezará a traballar mañá baixo a supervisión de persoal de Estradas da Xunta de Galicia, departamento titular da vía.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -