_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
O Lectoriño comeza coa homenaxe a Carlos Casares e a súa colección de “Principiños”

A Concellería de Xuventude abre mañá os actos do Lectoriño 2017 coa primeira homenaxe a Carlos Casares, autor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas. O recoñecemento ven a través da exposición da gran colección propia que o autor tiña de edicións da obra de Sain-Exupéry, “O Principiño” publicadas en diversos idiomas e dialectos do mundo. A mostra que leva por título “O Principiño ao redor do mundo” inaugúrase mañá ás 20:00 horas na sala de exposición do Auditorio e poderá visitarse ata o día 28 de abril.
17.04.2017.- A colección privada de Casares chega a Vilagarcía a través da súa Fundación. Tratase dunha mostra didáctica para público miúdo e adulto que recolle máis de 100 edicións do libro de Saint–Exupéry en máis de 60 idiomas e dialectos do mundo. Carlos Casares comezou a coleccionar exemplares desta obra a principios da década dos 70 coincidindo co seu traballo de tradución da mesma ao galego para a editorial Galaxia. A fascinación que sentiu polo texto de contido filosófico e poético animouno a facerse con exemplares en diversos idiomas e edicións especiais. No momento da súa morte,O escritor contaba con máis de 100 volumes en linguas xermánicas, eslavas, románicas, escandinavas e mesmo orientais, ademais das propias da península Ibérica: galego, castelán, portugués, vasco e catalán, xunto con dialectos como o aragonés, asturiano ou estremeño. Tamén conta con edicións únicas ou raras de linguas minoritarias que se exporán estes días no Auditorio.

O Principiño (Le Petit Prince) publicada en 1943, a novela máis famosa do aviador francés Antoine de Saint-Exupéry, é un conto filosófico cunha enorme carga poética que, baixo a aparencia dun conto infantil, aborda temas profundos como a vida e o amor, a morte, a amizade, as actitudes e as preocupacións da vida. Foi ilustrada polo propio autor e traducida a 180 linguas e dialectos (en máis de 500 edicións), levando vendidas máis de 80 millóns de copias por todo o mundo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -