_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Xa está aberto o prazo para a presentación de candidatos ao Premio de Mellor Deportista Local

A Fundación Municipal de Deportes de Vilagarcía vén de abrir o prazo para a presentación de candidaturas ao Premio do Mellor Deportista Local da tempada 2015/16 ou ano 2016. Poderán formular as súas propostas os clubs, entidades deportivas ou calquera persoa a título individual que o desexe mediante a presentación do formulario cuberto que pode obterse a través do taboleiro da web municipal ou nas oficinas de Fundación, con sede en Fexdega.
19.04.2017.- As bases dos Premios Anuais ao Deporte foron aprobadas la última reunión do Consello Reitor da Fundación e tamén se poden consultar na web do Concello. O sistema será o mesmo das edicións anteriores. As propostas deberán presentarse no rexistro da Fundación de Deportes (sito Fexdega) ata o 2 de maio. No formulario deberá concretarse o currículo ou os méritos deportivos do deportista ou club defendido, así os de os propostos para as mencións especiais.

O premio á/ó Mellor Deportista Local do Ano poderá ser outorgado unha persoa ou ao Equipo, Adestrador, Técnicos, Preparadores ou Árbitros que pola súa traxectoria se distinguira na súa categoría. Segundo se establece nas bases,, terase en conta a aqueles deportistas que acadaron unha excepcional actuación, merecente de ser salientada pola súa importancia e que ó longo do ano se distinguiran pola súa dedicación ó deporte. Ademais, valorarase a deportividade amosada polos aspirantes ao longo do ano
Como xa aconteceu o ano pasado, ademais dos deportistas naturais de Vilagarcía, tamén poderán ser propostos como candidatos aqueles/as deportistas que, sen selo,residan no ou estean federados en clubs do municipio, polo menos, dende os últimos 5 anos.

As mencións especiais concederanse nos apartados de Directivos/Colaboradores; Adestradores/Monitor/Árbitro; Traxectoria Deportiva, Institucións/Empresas e a Xornalistas/Medios de Comunicación.

Os premios faranse públicos e entregaranse no transcurso da gala da Festa do Deporte que terá lugar o venres 26 de maio no Salón García. Ese será o colofón dunha xornada que inclúe a realización de actividades deportivas ao aire libre para todos os públicos e idades que se celebrará esa mesma tarde no Parque Miguel Hernández.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -