_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
URBANISMO
A inclusión nos FEDER da intervención artística en Romero Ortiz permite rematar a vía posterior da Praza de Abastos

A intervención artística e de dinamización que o Concello de Vilagarcía ten previsto levar a cabo na Rúa Romero Ortiz executarase finalmente a través dos fondos FEDER. O goberno local decidiu incluír este proxecto nos fondos europeos co obxectivo de levar a cabo unha actuación moito máis ambiciosa posto que os recursos poderanse multiplicar. Os 30.000 euros iniciais reservados no POS 2016 para esta actuación destinaranse finalmente ao remate do vial posterior da praza de abastos.
18.04.2017.- A Xunta Local de Goberno acordou onte solicitar á Deputación Provincial de Pontevedra o cambio da finalidade da subvención para Romero Ortiz. Igualmente solicítase reinvestir eses 30.000 euros ao remate e acondicionamento do último tramo do Paseo García Caamaño, o que descorre pola parte posterior da Praza de Abasto, e que desemboca na avenida Valle Inclán. O tramo en cuestión quedou sen tocar cando se executou a humanización da contorna da Praza de Abastos, polo que permanece en asfalto. E o tramo polo que acceden os vehículos dos comerciantes da Praza para as labores de carga e descarga e que vai dende onde remata a peonalización ata Valle Inclán (aproximadamente o traxecto paralelo a Praza da Verdura e o aparcamento).

No que se refire á actuación artística e de dinamización da Rúa Romero Ortiz, dada a dispoñibilidade de máis recursos a través da liña de rexeneración de zonas urbanas degradadas prevista nos FEDER, o Concello replanteará o proxecto para levar a cabo unha intervención máis ambiciosa que permita incrementar o atractivo desta céntrica rúa peonil como efecto dinamizador e de atracción de actividade comercial e mesmo residencial.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2017  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -