_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DESENVOLVEMENTO LOCAL
Ferrocarriles Españoles inicia os traballos de campo para o proxecto da Vía Verde Vilagarcía-Caldas-Portas

Os técnicos da Fundación de Ferrocarriles Españoles, propietaria da marca “Vías Verdes”, comezou esta semana os traballos de campo para a elaboración do proxecto da Vía Verde Vilagarcía-Caldas-Portas. O xefe de proxectos da Xerencia de Patrimonio e Turismo Ferroviario da FFE, Maximiliano Cuevas Díaz, percorreu o futuro trazado palmo a palmo e, segundo confesou, o que veu superou con moito as expectativas creadas co estudio previo sobre planos realizado hai uns meses. Cuevas destacou fitos como o pazo de Rubiáns, a azucareira de Portas ou a ponte de ferro sobre o río Umia, do que dixo que se atopa en moi bo estado de conservación.
13.04.2017.- Igualmente, o xefe de proxectos da FEE subliñou o feito de que a futura vía verde enlace os camiños de Santiago da costa e portugués, polo que non dubidou en que a iniciativa será todo un éxito. Neste sentido, Cuevas Díaz –que cos seus técnicos auxiliares visitará a zona de novo en breve- lembrou que Galicia, a nivel de vías verdes, é unha illa no Estado español, polo que o interese en que por fin a comunidade se sume a este iniciativa é moi elevado. De feito, a propia Fundación se pregunta nas súas redes sociais si Vilagarcía, Portas e Caldas conseguirán ser a primeira vía verde enteiramente galega, para concluír: “¡Este año Galicia se mueve!” Cabe lembrar, ao respecto, que as redes sociais da Fundación son seguidas por máis de 40.000 persoas ao que se suman os 5 millóns de visitas da súa web e os 12.000 subscritores do seu boletín dixital “Infovías”.

Con toda probabilidade, o proxecto técnico da vía verde Vilagarcía-Caldas-Portas estará concluído antes do verán. Será entonces cando se coñeza o presuposto real das obras a realizar nos doce quilómetros do vello trazado do ferrocarril, ao que hai que sumar os accesos á propia vía verde e que a Fundación xa comezou a estudar trala súa visita aos tres concellos. Tendo en conta experiencias anteriores, o custe por quilómetro estímase entre 35.000 e 50.000, dependendo das características do terreo e das intervencións a realizar, por exemplo, no caso da ponte de ferro.

Para sufragar a cantidade necesaria, entre 420.000 e 600.000 euros, os tres concellos, ademais das achegas de fondos propios, negociarán con outras administracións, provincial, autonómica, estatal e mesmo europea, a través de fondos Feder, para que se sumen a este proxecto. Polas experiencias da Fundación de Ferrocarriles Españoles, o retorno económico da posta en marcha deste proxecto de turismo verde, sostible e accesible é moi superior ao investimento realizado.

Como se sabe, a vía verde de Vilagarcía, Caldas e Portas contou dende o principio co apoio do Ministerio de Fomento, do ADIF e de Renfe; de feito, as vías do ferrocarril xa foron levantadas, facilitando así o desenvolvemento do proxecto. Na pasada edición de Fitur, en Madrid, o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o concelleiro de Promoción Económica, Juan Antonio Pérez Callón, mantiveron unha reunión no mesmo recinto de IFEMA con Maximiliano Cuevas e con Arantxa Hernández, xefa da Área de Vías Verdes e Turismo Ferroviario da FFE. Foi entonces cando se concretou a folla de ruta a seguir, da que os traballos de campo feitos esta semana forman parte.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -