_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Vilablues se celebrará os días 7, 8 e 9 xullo, e anuncia a presenza de Angela Brown no seu cartel

Co obxectivo de alongar o calendario cultural do verán, a organización do VILABLUES Festival e o Concello de Vilagarcía de Arousa veñen de fixar as datas para a celebración da II Edición do Festival de Blues de Vilagarcía. O evento adiántase aos días 7, 8 e 9 de xullo de cara a entrar no calendario estatal de festivais deste xénero.
24.04.2017. Na súa primeira edición, o VILABLUES convocou a máis de 5.000 persoas nos tres días de concertos, obtendo grandes críticas nos medios especializados e unha notable repercusión do evento, acadando un cen por cen na ocupación hostaleira.

Seguindo a liña dunha promoción turística de calidade, o festival aspira a ser un elemento dinamizador na economía da zona e continuará co esquema do ano pasado de tres días de concertos, con escenarios espallados polas rúas de Vilagarcía.

O Festival continúa co seu carácter gratuíto, sendo sen dúbida unha das grandes apostas do Concello de Vilagarcía para a súa programación cultural do verán.

A primeira confirmación é ANGELA BROWN, unha “blues diva, ronca, sensual e explosiva", como foi definida. Nada en Chicago, Illinois, Ángela Brown comezou a súa carreira musical cantando música gospel en igrexas e escolas. Alí, no instituto, propuxéronlle o papel principal interpretando a Gertrude "Ma" Rainey, no musical "Bessie Smith", co que comezou a súa carreira profesional.

No 1980 foi membro da Erwin Helfer & The Chicago All Stars, e foi nunha xira durante 1982 cando o público europeo a escoitou por primeira vez. Actuando nos míticos clubes de Chicago compartiu escenario con colegas e amigos como Blind John Davis, Pinetop Perkins , BB King, Georgie Fame ou long John Baldry.

É coñecida como a “Bessie Smith dos 80“. A súa poderosa voz adáptase ao blues máis moderno, converténdose nunha gran atracción nos festivais que se celebran por todo o mundo, non só pola súa voz senón tamén pola súa presenza no escenario, con esa gran forza e sensualidade que a caracterizan.

Angela Brown aparece no Libro Guinness dos Récords con “Who's Who of Blues” , e na nova Virgin's Encyclopedia of the Blues. No ano 1999 foi galardoada en Francia como “artista do ano”, e no Reino Unido ese mesmo ano como mellor interprete feminina. No ano 2000, coa súa banda inglesa 45,s Los Mighty, acadou o recoñecemento de segundo mellor álbum do ano. No 2004 rexistra Wins of Blues, disco imprescindible na súa carreira.

A partir do momento no que fai de Europa a súa casa, a súa carreira comeza a dispararse cunha longa lista de concertos en clubes e festivais de alto nivel como Monteux Jazz Festival, North Sea Jazz Festival ou Ascona Jazz Festival. Angela continúa a ser unha artista moi solicitada para colaboracións en discos con diversos artistas norteamericanos.

CONSULTA AQUÍ O DOSSIER COMPLETO DO VILABLUES 2017:
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -