_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía logra o respaldo da Mancomunidade para demandar o enlace en AVE A Madrid

O Concello de Vilagarcía segue buscando apoios para que a estación do tren da cidade dispoña de enlace directo a Madrid a través da alta velocidade ferroviaria, neste caso na Mancomunidade do Salnés. A tenente de alcalde, Tania García, aproveitou o Pleno de onte para trasladar verbalmente a proposta do alcalde, Alberto Varela, para que os concellos da comarca demanden conxuntamente ao Ministerio de Fomento e a Adif a parada do AVE á capital española. Todos os rexedores amosáronse de acordo coa iniciativa que será elevada formalmente por escrito á vindeira sesión do organismo supramunicipal.
25.04.2016.- A concelleira socialista participou no Pleno da Mancomunidade en representación do alcalde,-ausente por ter acudido á comisión de Turismo da FEMP da que é membro- e aproveitou que a sesión versaba principalmente sobre a necesidade de estruturar o servizo comarcal de autobuses, para plantear esta outra demanda relacionada coa intermodalidade do transporte público que afecta a todo o Salnés. Entre os argumentos expostos lembrouse que a estación de ferrocarril de Vilagarcía da servizo a todos os municipios da comarca e é unha das estacións co maior número de usuarios e de viaxes de toda Galicia xa que atende unha poboación fixa de en torno aos 100.000 habitantes que co turismo de verán chega aos 250.000 segundo as cifras que manexa a Mancomunidade.

Tanto o presidente en funcións da Mancomunidade, Gonzalo Durán, como o resto dos rexedores consideran positiva e beneficiosa a proposta tanto a efectos de servizo para os habitantes da comarca como un medio de potenciar o turismo no conxunto do Salnés, polo que acordaron plasmala por escrito e sometela a aprobación do Pleno da Mancomunidade na próxima sesión para dende este organismo instar ao Ministerio de Fomento e a Adif a que estableza servizo directo entre a estación de Vilagarcía e Madrid mediante a alta velocidade ferroviaria.

Este acordo sumarase aos anteriores xa adoptados por diversas Corporacións Municipais de Vilagarcía no mesmo sentido.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -