_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os cursos de profesionalización musical “Achégate aos Locais!” arrancan con clase experimental e jam sessión”

Os obradoiros de profesionalización musical “Achégate aos Locais” arrancan este venres e desenvolveranse durante toda a fin de semana. O programa deseñado pola Concellería de Xuventude consiste en que diferentes músicos e profesionais relacionados cos espectáculos musicais formen a os participantes nos diferentes procesos que interveñen no proceso musical profesioanal, dende a creación e o puramente interpretativo, ás técnicas de son e gravación, ata a promoción, a elaboración dunha portada para un dis e mesmo a facturación. Os cursos son de carácter gratuíto e, despois de cada xornada, os alumnos porán en práctica o aprendido participando nas Jam Sessións na Praza da Peixería e que estarán abertas ao público.
26.04.2017.- A concellería que dirixe Sonia Outón organiza o programa “Achégate ao Salón!” co obxectivo de contribuír na formación dos usuarios dos Locais de Ensaio, principalmente xóvenes que están empezando no mundo da música, e a todo aquel que pretende avanzar na profesionalización da actividade musical. A actividade plantéase porque en Vilagarcía existe unha importante afección a este arte e un elevado número de formacións musicais e bandas de todo tipo, pero que na meirande parte dos casos non chegan a saltar ao ámbito profesional debido a falta de información ou formación específica.

Para axudar a estas bandas e músicos emerxentes da cidade Xuventude bota man dos profesionais do mundiño cos que conta Vilagarcía e a súa contorna: músicos, técnicos, promotores,publicistas, empresarios musicais…

A primeira xornada de “Achégate ao Salón!” será este venres e consistirá nunha clase teórico práctica experimental onde os participantes recrearán un ensaio profesional e traballarán os temas de balances, axustes de son, arranxo e esquemas. A actividade comezará ás 20:00 horas e estará dirixida por Diego Basadre, produtor musical e Técnico musical curtido na sonorización de grandes festivais e que contará coa colaboración dos músicos Miguel fernández (batería), Pablo Vidal (Baixo), Tomás Portero (guitarra) e Gozalo Arca (voz).
Tras a clase, a partir das 22:00 horas, os asistentes trasladaranse á Peixería para ofrecer a primeira Jam Session.

Despois do aperitivo da xornada inaugural, o programa de “Achégate aos Locais!” intensifícase o sábado e o domingo con cursos continuados en horario de mañá e tarde e as correspondentes jam sessions finais.

Programa:

SÁBADO
11-12:30 h.-Facturación e Contratos para Músicos (imparte, Miguel Alonso)
11-12:30 h.- Achegamento á música moderna
13-14:30- Guitarra Moderna de o Blues ao Rock (imparte: Tomás Porteiro)
16-17:30 h.- Venda e Comunicación para Músicos (imparte: Aitana Cuetara)
18-19:30 h.- A batería de Jazz, de aí a onde queiras voar. Estilos e técnicas (imparte:Miguel Fernández)
20-21.30 h.- A miña voz, a miña vibración (imparte: Nastasia Zürcher)
22-24.30 h:- Jam Session na Peixería.


DOMINGO
11-12:30 h.-Gravación de maquetas e demos (imparte: Diego Basadre)
13-14:30 h.- Baixo eléctrico, historia e técnicas (imparte: Pablo Vidal)
16-17:30 h.- Fotografía musical (Juan Pérez-Fajardo)
18-19:30 h.- Backliner ou a arte de retorcer botóns (Toni B. Willis)
20-21.30 h.- Requirimentos técnicos e sons (imparte: Diego Basadre)
22-24.30 h:- Jam Session na Peixería.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -