_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O alcalde da 24 horas ao circo para que retire a instalación e suspenda a actividade

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, emitiu a última hora da mañá de hoxe unha nova resolución respecto do caso do Circo Vienna Roller, que pretende exercer a súa actividade sen contar cos preceptivos permisos e, ademais, utilizando animais, algo prohibido no termo municipal. En concreto, na resolución, asinada tamén pola secretaria xeral do Concello, se lle dá ao propietario do circo un prazo de 24 horas para que retire a instalación e suspenda a actividade e uso.
26.04.2017.- No mesmo escrito, advírteselle a José Antonio González Fernández que transcorrido ese prazo e non habendo cumprido coas ordes da Alcaldía, esta "poderá ordenar á Policía Local o precinto do acceso á instalación de conformidade co disposto no artigo 380 do decreto 143/2016, de 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do Solo de Galicia". Igualmente, e no caso de desobediencia, o concello procederá a poñer en coñecemento da autoridade xudicial os feitos aos efectos oportunos.

Como queira que a resolución da Alcaldía implica tamén a apertura dun expediente de reposición da legalidade urbanística, na resolución xa lle comunica ao propietario do Circo Wienna que no prazo de dez días, contados a partir da comunicación da resolución, xa poderá consultar o expediente e alegar e presentar os documentos que estime convenientes.

Na resolución lémbrase que de acordo coa Lei de Emprendemento e Competividade de Galicia, a celebración de espectáculos e actividades recreativas está suxeita á concesión de licencia, máxime de cando estes requiren escenarios ou estruturas móbiles.

Neste sentido, o goberno local non pode menos que lamentar a actitude que vén demostrando o Partido Popular e especialmente o seu portavoz, Tomás Fole. "Resulta de todo xeito incomprensible que alguén que foi alcalde estea defendendo non só unha ilegalidade, senón que ademais diga xusto o contrario do que promove o seu propio partido no proxecto de Lei de Protección e Benestar Animal". Ao respecto, cabe subliñar que o artigo 9.L dese proxecto di, textualmente, que queda prohibido en Galicia "o emprego e tenza de animais de especies silvestres nos circos". "O goberno municipal xa está acostumado ao todo vale do señor Fole, así que tampouco lle estraña a súa nova saída de ton".
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -