_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
Aberto o prazo de solicitude das axudas municipais para a creación de empresas

A Área de Promoción Económica do Concello de Vilagarcía comunica que xa está aberto o prazo para que os emprendedores da cidade poidan solicitar as axudas municpais á Creación de Empresa que concede o Concello. As bases da convocatoria sairon publicadas no BOP de onte, 27 de abril. O departamento que dirixe Juan Antonio Pérez callón destina este ano unha partida de 46.000 euros a este programa, o que supón un incremento de 4.000 euros máis que o an o anterior. Estas axudas a fondo perdido concédense para a creación de novos negocios e poden acadar un máximo de 2.000 euros.
28.4.2017.- O programa de Axudas á Creación de Empresas é unha iniciativa do Concello de Vilagarcía que ten como obxectivo colaborar de forma activa na xeración de emprego no municipio apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais. O departamento que dirixe Juan Antonio Pérez Callón decidiu incrementar este ano a partida para poder chegar a maior número de emprendedores. Para dar maior difusión destas axudas, o Concello remitiu un escrito a todas as asesorías do municipio pregando que as difunda entre os clientes que teñan previsto montar negocios en Vilagarcía.

21 proxectos recibiron a axuda municipal o ano pasado

No anterior exercicio recibiron as axudas a fondo perdido 21 iniciativas de nova creación entre as que se repartiron 40.000 euros. As axudas oscilaron entre 761 e os 2.000 euros e contribuíron á apertura e a conseguinte creación de emprego de varios establecementos de hostalería, perruquerías e centros de estética, unha academia de corte, un lavado de coches, unha zapatería, unha tenda de conxelados, unha inmobiliaria, unha clínica podolóxica, unha franquicia de seguros médicos e unha empresa de transportes.

Poderán acollerse a este programa os negocios que se enmarquen no apartado de PEME, con sede fiscal e social en Vilagarcía e que inicien a súa actividade empresarial entre o 2 de decembro de 2016 e o 1 de outubro de 2017.

A finalidade das axudas é e contribuír a financiar os gastos extraordinarios que xera a constitución e posta en marcha da empresa, así como gastos de aluguer, vehículo industrial, aplicacións informáticas, primas e seguros, gastos correntes e ata dereitos de propiedade intelectual. Por iso serán subvencionables, os gastos realizados ata dous meses antes do inicio da actividade.

As axudas tramitaranse en réxime de concorrencia non competitiva e son compatibles con calquera outra axuda ou subvención concedida por empresas públicas ou privadas sempre que o importe total das mesmas non supere o custo dos gastos.
As bases e os formularios de solicitude están pendurados no taboleiro de anuncios da web municipal.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -