_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O alcalde presenta denuncia contra o Circo Wienna Roller por desobediencia e continúa adiante co expediente de infracción urbanística

“Circos si, pero non así”. Así se resumiu hoxe o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, a situación creada arredor da actitude dos responsables do Circo Wienna Roller, que instalaron a súa carpa carecendo de calquera tipo de licencia municipal e, ademais, utilizando animais no seu espectáculo. O alcalde anunciou, por iso, que hoxe mesmo presentou unha denuncia penal no xulgado por desobediencia á autoridade, con independenza de que o expediente de reposición de legalidade urbanística continúa adiante e probablemente acabará en sanción.
2017.04.28. Na súa comparecencia, o alcalde exhibiu o auto do xulgado ditado na tarde de onte no que decreta o arquivo da denuncia por coaccións que presentara anteriormente o que di ser o xerente ou representante do circo, José Antonio Fernández. No mesmo auto, a xuíza insta ao concello a restituír os servizos de auga e luz ao circo. Sen embargo, como matizou Alberto Varela, que se dite esa resolución para evitar prexuízos e persoas e animais non significa, en xeito algún, que a xuíza está validando a execución do espectáculo, que segue sen ter ningún tipo de autorización. O feito de que estea nunha finca privada tampouco o exime de ter o necesario permiso.

O alcalde tirou de hemeroteca para subliñar que o mesmo conflito que ten agora en Vilagarcía xa o tivo o señor Fernández González, con este e con outros circos, en Lugo, Rianxo, Carballo ou A Estrada e xa se adiviña que terá outro novo, unha vez que o Concello de Cambados xa lle abriu un expediente sancionador por colocar publicidade sen autorización. “Nos dous anos que levamos de goberno xa se instalaron aquí varios circos e en ningún caso tivemos problemas con ningún, agás con este, que, como se ve, alá por onde pasa acaba en conflito e sempre co mesmo argumento: a falla de auga para os animais, as lagoas lexislativas e as ameazas aos concellos”, explicou Alberto Varela.

En calquera caso, o alcalde indicou que o “inxusto” é que quen está infrinxindo a lei pretenda, ademais, quedar de vítima. E puxo un exemplo claro: se alguén decide ocupar unha vivenda ou construír unha sen licencia, o que non pode facer é esixir, ademais, que se lle dean os servizos básicos, porque ademais de non permitilo a Lei do Solo, por exemplo, é un agravio para o resto de cidadáns que sí piden permiso e pagan as súas correspondentes taxas. Neste sentido, o alcalde, entendendo e respectando o que quixo facer a xuíza co seu auto, lembrou que as empresas concesionarias de servizos non poden conectar ningún deles ata que o solicitando demostra o título habilitante, é dicir, a licencia municipal. Neste caso, o circo carece de calquera autorización municipal e, polo tanto, nin Fenosa nin Espina e Delfín, que actuaron de boa fe, deberon dar a conexión ao circo.

O alcalde recomendou aos cidadáns que non asistan ás funcións do circo, precisamente porque carece de licenza e, por iso, dubida de que calquera seguro poida cubrir un incidente nunha actividade que non ten autorización administrativa. Por último, Alberto Varela agradeceu a actitude da Protectora de Animais de Vilagarcía e das decenas de entidades e particulares de toda España que manifestaron o seu apoio e ánimo ao concello na súa defensa dos dereitos dos animais e da legalidade. E o respecto, agradeceu tamén a actitude de todos os grupos políticos, agás o PP, que non só ratificaron o acordo de que Vilagarcía é unha cidade libre de circos con animais, senón que apoiaron a redacción dunha nova ordenanza específica sobre protección dos animais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -