_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Vaibus Plus! comezará a funcionar a mediados de maio con 7 servizos diarios de ida e volta ao Hospital

Vilagarcía está a piques de ver cumprida unha demanda que os veciños viñan realizando dende hai anos: O establecemento dunha liña de autobús directa ao Hospital e coas frecuencias axeitadas. O servizo denominado VaiBus Plus! Porase en marcha a mediados de maio con 7 servizos diarios de ida e outros 7 de volta en horario de mañá, que é cando se desenvolven a gran maioría das consultas. A medida é posible grazas ao convenio que o Concello ven de pechar co grupo Benito Abalo e para o cal Ravella aporta unha subvención de 25.000 euros anuais.
29.04.2017.- Vehículo exclusivo e rotulado
O prezo do billete do VaiBus Plus!” será de 1,35 euros e o traxecto terá paradas na dársena do Cavadelo, San Roque, Cemiterio, Rubiáns e Hospital.A achega do Convenio permite financiar 5 dos 7 servizos diarios. Os 2 restantes son os que xa ofrecía a empresa e que se manteñen. Habilitarase un vehículo exclusivo para o VaiBus Plus”, rotulado convenientemente, e contarase con outro de apoio que cando realice os desprazamentos ao Hospital levará os correspondentes carteis identificativos do VaiBus Plus!

Os horarios dos servizos son:

IDA (Vilagarcía-Hospital): 7.30, 8.30, 9.30, 10.30, 11.30, 12.15 e 13.30 horas.
VOLTA (Hospital-Vilagarcía): 8.15, 9.15, 10.15, 11.15, 12.15, 12.40 e 14 horas.

Os vilagarciáns demandaban dende hai anos unha liña de autobús directa ao Hospital e coas suficientes frecuencias de ida e volta para permitirlles acudir ás consultas que se realizan no centro sen ter que pasar a mañá enteira esperando. A demanda era especialmente requirida polos colectivos de persoas maiores, moitas das cales non conducen ou carecen de vehículo e, polo tanto tiñan que depender de familiares ou amigos que estivesen libres para achegalos ao centro sanitario e esperar a que rematase para regresalos aos seus domicilios, ou tiñan que coller un taxi, opción máis cara que o transporte colectivo. O problema era si cabe máis acuciante debido á falla de estacionamento nas inmediacións do Hospital.
O VaiBus Pus!” non so beneficiará aos vilagarciáns, sino tamén aos numerosos veciños dos concellos que conforman a área sanitaria do Salnés. Moitos deles desprazábanse a Vilagarcía en autobús, pero logo, para achegarse ao hospital atopábanse coa mesma dificultade que os vilagarciáns.

Coa iniciativa do Concello subvencionando a liña, este problema está resolto en horario de mañá, no que se concentran o maior número de consultas. Non obstante, dado que algúns especialistas tamén prestan servizos pola tarde, e como o Hospital é un centro comarcal que afecta aos veciños de varios municipios, o Concello xa anunciou que volverá a dirixirse á Xunta de Galicia na procura de apoio económico para ampliar o VaiBus Plus! ao horario de tarde.

Mellora da Mobilidade e posta polo transporte colectivo

O servizo de autobús ao Hospital é unha nova aposta do goberno local de Vilagarcía polo transporte público, na liña das accións que estanse a levar a co obxectivo de mellorar a mobilidade e reducir o tráfico rodado na cidade. O VaiBus Plus! Complementa ao Vai Bus!”, o bono bus municipal que, por 20 euros ao mes, permite o uso ilimitado do transporte urbano. A acollida do VaiBus!” que tamén subvenciona o Concello, foi moi boa, xa que tan so nos seis primeiros meses de funcionamento, sumou 474 usuarios, o que supón o 35% do total de viaxeiros do transporte urbano no municipio.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -