_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Os escolares participan o venres no plantado da nova árbore que substituirá ao talado na Praza de España

O venres pola mañá levaranse a cabo na Praza de España as labores de plantado da árbore que substituirá ao exemplar enfermo que se está talando para previr riscos. O mesmo grupo de alumnos do colexio San Francisco que esta mañá visitaron á Praza de España para comprobar o estado no que se atopaba o vello plátano, serán os encargados de axudar ao persoal municipal na plantación da nova árbore.
02.05.2017.- A primeira fase da actividade didáctica sobre o ciclo vital das árbores desenvolveuse á primeira hora desta mañá, cun grupo de cativos de 5 anos que viron cos seus propios ollos o fondo oco que o vello plátano tiña na base do tronco como resultado dunha grave e irreversible enfermidade que padecía. Os cativos manifestaron mágoa porque a árbore tivera que talarse ao estar no remate do seu ciclo vital, pero entenderon perfectamente o proceso e aceptaron gustosos a invitación realizada dende o Concello de participar no plantado do árbore que ocupará o lugar e mesmo de apadriñalo, comprometéndose a coidalo e velar para que poida medrar e ter unha longa vida.

Retirada de raíces e aplicación de fungicida

Unha vez rematada a visita de hoxe, comezaron os traballos de retirada a árbore, comezando pola corta en altura das ramas máis elevadas. Esta labor desvelou que o estado do plátano era aínda máis grave do que se apreciaba a simple vista, xa que tamén as polas máis grosas se atopaban ocas por dentro, co conseguinte risco de tronzar en calquera momento.

Calcúlase que a tala remate hoxe para dedicarse mañá ás tarefas de escavado e retirada do toco e parte das raíces. Posteriormente aplicaranse na terra un tratamento fungicida para matar os fungos dañinos e deixaranse actuar unhas horas para, xa o venres, e coa presenza dos nenos e nenas, levar a cabo as tarefas de abono e plantación dun exemplar novo de plátano de sombra co que se volve a iniciar o ciclo da vida.

Estudo, poda e tala en 2015

Os problemas de saúde as árbores da Praza de España non son novos. O anterior goberno, con motivo do proxecto de Acondicionamento da Praza, en marzo de 2015, xa tivera que encargar un estudo a unha empresa especializada que advertía da enfermidade de oitos dos exemplares e aconsellaba realizar unha poda controlada das ramas de medraban en horizontal poñendo en risco a estabilidade dos exemplares. Uns meses despois, o 7 de xuño, aínda co goberno do PP en funcións, procedeuse á tala dun dos vellos plátanos que tamén tiña o tronco oco na súa base.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -