_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O Conservatorio dispón para o próximo curso de 27 prazas repartidas en 9 especialidades instrumentais

A Xunta Local de Goberno aprobou recentemente a oferta pública de prazas de novo acceso no Conservatorio Municipal de Música para o vindeiro curso 2017/18. Un total de 27 alumnos poderán acceder ás ensinanzas regradas musicais no centro vilagarcián para formarse en 9 especialidades instrumentais que se reparten entre o Grao Elemental e o Grao Profesional. Para poder cursar estes estudos, os aspirantes deberán superar unhas probas de nivel.
03.05.2017.- O número de prazas vacantes dispoñibles no grao Elemental para o vindeiro curso é de 13 que se reparten en: frauta (2), gaita (2), guitarra (2), piano (3),trombón (1), trompeta (1), violín (2).

No grao Profesional, ofértanse un total de 14 prazas distribuídas en 8 instrumentos: clarinete (1), frauta (2), Guitarra (2), piano (3), percusión (2), violín (2), trombón (1) e trompeta (1).

No presente curso o Conservatorio conta con 126 alumnos dos cales 70 corresponden ao grao Profesional. As prazas que se ofertan para o 2017/18 corresponden maioritariamente ás vacantes que van deixando os alumnos que ben, ou pasan do grao Elemental ao Profesional, ou rematan estudos, ou a algún que cambia de centro.

Para acceder a algunha destas prazas para o curso que ven, os interesados deben someterse e superar unas Probas de Acceso. O prazo de matrícula para realizar este exame vai do 15 ao 25 de maio e o trámite pode facerse nas oficinas do Conservatorio, sitas no 1º andar do Auditorio, de luns a venres en horario de 10 a 13.30 e de 16 a 20 horas. Os impresos de matrícula recóllense e entréganse nas mesmas dependencias, xunto don copia do DNI ou folla do libro de familia no que figure o interesados, así como o ticket de caixa da Tesourería Municipal (3ª andar do Concello en horario de mañá) que acredite que se teñen aboado as taxas das probas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -