_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O Concello encarga o proxecto de humanización da Independencia a Leopoldo Ivorra

A Xuta de Goberno Local acordou hoxe encargar ao arquitecto Leopoldo Ivorra Sáenz-diez a redacción do proxecto básico e de execución da humanización da Praza da Independencia. Como xa se dixo, o executivo socialista ten previsto iniciar despois do verán as obras de peoatonalización da Praza de Galicia, a continuación da cal se executaría a actuación na Independencia. O contracto adxudicouse por 13.909 euros.
08.05.2017.- A idea do Concello é peatonalizar dúas das tres rúas que bordean o triángulo que forma a Praza da Independencia: a lateral que vai do cruce do colexio San Francisco ata o inicio da Rúa San Roque (ondeos supermercados), así como a vía que discorre entre Padre Feijó e o colexio. A terceira rúa, a que pasa por diante da clínica veterinaria, manterase aberta ao tráfico, aínda cambiando de sentido para dar saída aos vehículos que accedan dende Edelmiro Trillo.

Como xa aconteceu co proxecto da Praza de Galicia, o arquitecto terá que ter en conta unha serie de directrices estipuladas previamente polo goberno e que deberá plasmar no seu deseño. A primeira, ter en conta a contorna na que se desenvolverá e, polo tanto, ir acorde e integrarse coas peatonalizacións das rúas adxacentes como a Praza de Galicia ou Arapiles, de xeito que a relación ou futura unión entre elas sexa harmónica.

Outro aspecto que debe primar é a propia identidade e relevancia da Praza da Independencia, un entorno emblemático de gran contido histórico xa que foi a Praza do Mercado no medievo e posteriormente o lugar onde os vilagarciáns proclamaron a Independencia de Francia cando as tropas napoleónicas invadiron España. Neste contexto, tanto a configuración actual da praza como mobiliario da mesma enténdense como elementos de gran importancia.

Ademais, o deseño deberá ter en conta a posible ampliación ou mellora da rede de saneamento, tramitación para ampliación ou mellora dos restantes dos servizos instalados, e o soterramento de tódalas liñas que pasen polo ámbito de actuación.

O Concello fará seguimento técnico do desenvolvemento das obras. Mentres que a humanización da Praza de Galicia financiarase a través do Plan Provincial, a da Praza de Galicia acometerase do programa “Vilagarcía Avanza” a executar con fondos FEDER.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -