_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O obradoiro Labor@Xoven17 pretende formar a 15 mozos e mozas como socorristas e auxiliares de deportes

O Concello de Vilagarcía concorre un ano máis á convocatoria de axudas autonómicas para a organización de obradoiros de emprego. A intención do executivo local é dispor este ano dunha nova edición do programa Labor@Xoven , para o cal xa se remitiu á Xunta de Galicia a solicitude de subvención e o proxecto laboral e formativo co que se pretende contratar a 15 mozas e mozos desempregados. A suma solicita á Xunta para financiar esta iniciativa ascende a 140.188 euros aos que o Concello sumará 25.000 euros máis.
11.05.2017.- O proxecto deseñado pola Concellería de Promoción Económica prevé dúas especialidades formativas: a de Operacións auxiliares na organización de actividades e funcionamento de instalacións deportivas e a de Socorrismo en espazos acuáticos.

Como establece a orde que regula a concesións destes programas, os alumnos seleccionados recibirán unha etapa de formación teórica e rematarán coa realización de prácticas laborais para a realización de obras e servizos de utilidade colectiva adscritos á Fundación Municipal de Deportes e ao Servizo Municipal de Emerxencias.

As tarefas a desenvolver no caso do módulo de Operacións deportivos serán as de asistencia operativa aos técnicos deportivos no desenvolvemento de actividades deportivas, tarefas de control de acceso, circulación, asistencia a usuarios e mellora da seguridade nas instalacións deportivas de titularidade municipal.

Os alumnos-traballadores da especialidade de Socorrismo acuático realizarán asistencia operativa aos Servizos Municipais de Emerxencias e a Fundación Municipal de Deportes nas actividades de socorrismo en espazos acuáticos realizándose en espazos de titularidade municipal do Concello como a piscina, sita no complexo deportivo de Fontecarmoa e espazos naturais de uso público, como as praias da Concha, Compostela, Preguntoiro e Campanario, cuxa competencia en servizos de Protección Civil e Municipal.

Unha vez presentada a solicitude, o Concello debe esperar a que a Xunta decida e comunique a súa resolución.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -