_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O concello remitiu á Xunta de Galicia os documentos do novo PXOUM

As carpetas que conteñen toda a documentación e os planos do novo plan xeral de Ordenación Urbana Municipal de Vilagarcía foron remitidas hoxe á Xunta de Galicia co obxecto de superar o seu primeiro trámite ante a administración autonómica. A Consellería de Medio Ambiente disporá dun prazo máximo de 5 meses para realizar a avaliación ambiental do documento, período que os grupos municipais aproveitarán para ir analizando ao detalle o Plan e preparar as propostas que consideren de cara a súa presentación durante o período de alegacións que se abrirá despois da aprobación inicial por parte do Pleno.
12.05.2017.- Tal como a maioría dos grupos decidiron a semana pasada, o Concello remitiu o documento á Xunta coa maior brevidade co obxectivo de non dilatar máis a tramitación do necesario Plan Xeral iniciado hai xa 10 anos. Os grupos tamén consideran esencial poder contar canto antes co marco legal necesario para frear a implantación das denominadas “malls” ou grandes superficies comerciais con tendas integradas, en cumprimento do acordo plenario en defensa do comercio local.


Durante o tempo que a Dirección Xeral de Avaliación Ambiental da Xunta estea analizando o PXOM, o Concello traballará de forma paralela a través da comisión municipal se seguimento, composta polos grupos da Corporación, técnicos municipais e de Eptisa, para ir adiantando as propostas que desexen incorporar ao documento e que farán en forma de alegación, tal como acordaron a semana pasada.

Os grupos da Corporación recibirán a semana que ven as copias dixitais que está preparando Eptisa coa información e planos do Plan, a efectos que a poidan ir estudando individualmente e ir avanzando de cara á próxima reunión da comisión.

Unha vez que a Xunta conte cos informes sectoriais necesarios dos seus departamentos e emita a avaliación ambiental favorable, o documento regresará ao Concello para a súa probación inicial por parte do Pleno. Será a partir de entón cando se inicie o período de exposición ao público do documento e se abra o período de alegacións no que tanto os grupos da Corporación como colectivos ou particulares poderán presentar as alegacións que consideren oportunas.

Para a entrada en vigor do Plan aínda quedará un longo camiño posto que as alegacións deberán ser estudadas e informadas individualmente polos técnicos, posteriormente deberán incorporarse ao documento as propostas que sexan aceptadas e o Plan, con estas modificacións, deberán volver á Xunta de Galicia para a súa revisión final. Tras recibir o último visto bo por parte da administración autonómica, o documento regresará ao Concello para a súa aprobación definitiva.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -