CONCELLO
O Concello saca a concurso a explotación do quiosco-bar da praia Compostela O Concello de Vilagarcía sacará a licitación en cuestión de días o contrato para a explotación do quiosco da praia da Compostela co obxecto de que o servizo estea en funcionamento coa temporada de verán. A intención é que as instalación presten servizo de xeito continuado e coa maior estabilidade posible, polo que a oferta é de 1 ano de contrato, prorrogable outros 12 meses. O prezo de licitación é de 200 euros ao mes. O prazo de presentación de ofertas abrirase tan pronto como o anuncio salga publicado no último dos boletíns oficiais (BOP e DOG).
16.05.2017.- Polo exposto, o prezo de licitación do quiosco ou pavillón de servizos da Praia da Compostela dun mínimo de 2.000 euros ao ano, que os ofertantes poderán elevar como mellora puntuable no concurso.
Como xa aconteceu o ano pasado, e tal como se recolle nos pregos do concurso, se valorará a presentación dun proxecto de dinamización das instalacións mediante a organización de actividades ou prestación doutros servizos, para garantir a actividade e incrementar o atractivo dunhas instalacións situadas en un lugar privilexiado e que contan cun enorme potencial turístico.
Horario mínimo de 10 a 21 horas en verán
O contido deste proxecto poderá supoñer ata o 20% da valoración total da oferta, na que a proposta económica terá un peso máximo do 60% e a mellora do horario de apertura o 20% restante. En canto a este último punto, o Concello establece un horario mínimo a cumprir polo establecemento do 15 de xuño ao 15 de setembro que será de 10 da mañá ás 21 horas ininterrompidamente. A ampliación puntuará positivamente e aínda que se deixa flexibilidade no horario de outono e inverno, tamén se terá en conta.