_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A Fundación abre o prazo de inscrición nas Escolas Municipais de remo, vela e piragüismo

A Fundación Municipal de Deportes de Vilagarcía porá en marcha este verán as súas escolas náuticas municipais nas modalidades de remo, vela e piragüismo. Poderán participar un total de 100 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos co único requisito de saber nadar. AS cota por participar ascende a 12 euros por escola e o prazo de inscrición xa está aberto. As solicitudes deben presentarse na sede da Fundación de Deportes, sita en Fexdega.
16.05.2017.- As escolas náuticas desenvolveranse durante os meses de verán en sesións de dúas horas semanais.
Na Escola Municipal de Vela poderán participar 30 alumnos e desenvolverase do 3 de xuño ao 6 de xullo. O prazo de inscrición para esta actividade remata o 31 de maio.

As prazas dispoñibles para a Escola de remo ascende a 40. As sesións desenvolveranse do 30 de xuño ao 27 de agosto e as inscricións poden tramitarse ata o 27 de xuño.

No caso da Escola de Piragüismo, as prazas ofertadas ascenden a 30. As clases tamén se impartirán entre o 30 de xuño e o 27 de agosto e os interesados disporán de prazo para inscribirse ata o 27 de xuño.

Os formularios de inscrición poden obterse a través da web municipal ou recoller na sede da Fundación, onde deberán entregarse xunto co xustificante de pago da cota. As prazas nas escolas cubriranse por rigorosa orde de inscrición, ao igual que a lista de agarda.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -