_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O Concello ofrece colaboración ás ANPAs para o desenvolvemento dos Plans Madruga

A Concellería de Educación abriu hoxe o prazo para que as ANPAS dos centros educativos do municipio soliciten ás axudas que concede o Concello para contribuír ao financiamento dos Plans Madruga para o ano en curso. As subvencións ascenden a un máximo de 100 euros mensuais e para que poidan chegar a todas as asociacións que presten o servizo de conciliación, a diferenza do ano anterior, nesta ocasión non se esixe un número mínimo de participantes.O prazo para solicitar as axudas para o período comprendido entre xaneiro e xuño remata o 9 de xuño. Posteriormente abrirase un novo prazo para realizar o trámite correspondente as Plans Madruga de setembro a decembro.
18.05.2017.- A Concellería de Educación xa remitiu a información e bases da convocatoria xa foron a todas as ANPAS do municipio. As axudas están dirixidas aos centros do municipio de Educación Infantil e Primaria sostidos con fondos públicos e para os obradoiros de mañá que estean atendidos por persoal especializado no que os nenos realicen actividades lúdico educativas como pintura, lectura, xogos tradicional ou reciclaxe entre outras.

O departamento que dirixe Argimiro Serén, dispuxo para o presente ano unha partida de 10.000 euros destinados a financiar os Plan Madruga. Dado que a convocatoria faise por ano natural como os orzamentos (non por curso escolar) resérvanse 6.000 euros para o tramo final do actual curso (de xaneiro a xuño) e 4.000 para o primeiro trimestre do próximo curso (de setembro a decembro)

O Plan Madruga é unha medida de conciliación da vida familiar e laboral que normalmente prestan as ANPAS dos centros educativos. O goberno socialista recuperou o ano pasado as axudas para financiar estes plans por considerar que se trata dunha medida de apoio vital para a prestación dun servizo necesario. Grazas e esta iniciativa, as familias cuxos proxenitores entran a traballar antes do inicio da xornada escolar, poden deixar aos seus fillos nos centros educativos ás oito da mañá, atendidos por monitores ata a hora de entrada ás aulas. A convocatoria enmárcase nas políticas sociais que están a marcar a acción do goberno de Varela Paz.

As bases están penduradas no taboleiro de anuncios desta web xunto cos formularios de solicitude e xustificación dos gastos.

Cinco colectivos subvencionados en 2016

O ano pasado accederon ás axudas municipais para financiar o Plan Madruga, cinco ANPAS. No primeiro período (de xaneiro a xuño) recibiu subvención a ANPA Dr. Fleming do Anexo A Lomba, mentres que no segundo (de setembro a decembro) foron cinco os colectivos que accederon ás axudas. Foron as ANPAs do Piñeiriño, Escardia, Dr. Fleming, A Lomba e Rosalía de Castro.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -