_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
OBRAS E SERVIZOS
O goberno proxecta para o actual mandato a reforma integral do Parque de Matosinhos e a súa contorna

O goberno local de Vilagarcía ten previsto acometer no actual mandato a reforma integral do Parque de Matosinhos e a súa contorna. O Arquitecto da Área de Rehabilitación Municipal xa está traballando no proxecto coas directrices marcadas dende a Concellería de Urbanismo e que se basean na mellora da accesibilidade, na humanización e acondicionamento estético, no realce e potenciación das zonas verdes, na creación de zonas permeables e na renovación das redes de saneamento e abastecemento de auga. De xeito paralelo, o executivo socialista irá facendo as xestión oportunas para buscar o financiamento necesario para acometer as obras entre o ano que ven e o 2019.
20.05.2017.- O barrio de Matosinhos é unha zona altamente poboada e moi transitada a diario por atoparse nela á Escola Infantil Municipal e dous colexios. Pese a elo, as súas infraestruturas atópanse moi deterioradas, especialmente as beirarrúas que dan acceso as centros escolares, e o tratamento estético no seu conxunto non é o apropiado. De feito, aparte de pequenas obras de arranxo ou mantemento, a última actuación de mellora de equipamentos que consta nesta zona data do ano 2003 e consistiu na renovación do novo parque infantil de xogos.

O goberno local considera que un barrio tan poboado e frecuentado como este precisa unha reforma integral en profundidade que, ademais de arranxar os accesos e eliminar barreiras arquitectónicas, mellore a imaxe global da zona cun tratamento no que o verde teña maior presenza.

12.220 METROS CADRADOS

A reforma integral do Parque de Matosinhos e a súa contorna é un ambicioso proxecto que non se limita a actuar no parque o seu acceso dende Doutor Tourón, senón que tamén incluirá reformas e melloras na Avenida Matosiños e o fronte de Doutor Tourón. Segundo o estudo inicial realizado polo arquitecto, afectará a 12.220 metros cadrados, polo que o orzamento será tamén moi importante.

Un dos aspectos que se pretende resolver con esta actuación son os actuais problemas de accesibilidade que presenta unha zona na que se empraza a Escola Infantil Municipal e dous colexios e existe unha zona de recreo e esparexemento tamén frecuenta por nenos e persoas maiores. Para elo, melloraranse as beirarrúas, tanto no acceso á gardería e ao parque dende Doutor Tourón como na Avenida Matosinhos. Construiranse ramplas en todas elas que permitan transitar con comodidade e seguridade a carros dos bebés, cativos ou persoas con problemas de mobilidade. Tamén se eliminarán as barreiras arquitectónicas pola diferenza de cotas nos pasos transversais que comunican a avenida Matosinhos coa zona do parque.Para elo falarase previamente cos propietarios dos edificios colindantes.

Cos mesmos criterios actuarase nas beirarrúas do fronte de Doutor Tourón, onde ademais se actuará na zona da parada de autobús da outra beira da calzada (fronte as torres Caixanova) para darlle máis seguridade e mellorar a estética dese espazo.

ZONAS PERMEABLES

A idea do proxecto e revalorizar e ampliar as zonas verdes neste barrio. De feito, dos 12.220 metros cadrados da superficie afectada, o 60% serán zonas verdes. Nelas utilizaranse técnicas e materiais permeables co obxectivo de evitar acumulacións de auga cando chove e facilitar o drenaxe natural da mesma.

Por ultimo, e seguindo a norma marcada polo executivo socialista para todas as obras que encarga, o proxecto non se limitará á superficie, senón que tamén preverá a renovación das redes de saneamento e abastecemento de augas que discorren soterradas.

Hai unhas semanas que o arquitecto traballa nos estudos previos necesarios para replantear a actuación. Aínda haberá que esperar uns meses a que concrete o deseño e presente o proxecto. Será entón cando se coñeza o custe do mesmo, aínda que pódese asegurar que será moi elevado dado o extenso ámbito de actuación e a envergadura das obras a realizar.

Como se sabe, os orzamentos de 2017 están pechados ao igual que os investimentos do Plan Provincial, polo que a idea do goberno é buscar encaixe a esta importante obra entre 2018 e 2019. Ao contar xa co proxecto redactado, a execución das obras axilizaríase considerablemente.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2017  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -