_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O monologuista Miguel Lago aterriza o venres no auditorio co espectáculo “En Directo”

Despois do seu exitoso paso polo Teatro Reina Victoria de Madrid, o monologuista Miguel Lago actúa este venres no Auditorio de Vilagarcía. O galego, que hai uns anos exerceu de pregoeiro das Festas de San Roque, subirase ao escenario do Auditorio para poñer en escena o seu último espectáculo “En directo”. As entradas para asistir ao monólogo de Lago poranse á venta o mércores, 3 de abril, a 10 e 13 euros (máis custes de xestión), a través de ticketea. Na venta en taquilla os prezos elevaranse a 12 e 15 euros.
23.05.2017.- Con “En Directo”, Miguel Lago plántase ante o espectador cun show incómodo con verdades imposibles de dicir que sorprenderá a todos aqueles que se acheguen a velo e que fará que non poidan parar de rir. Este espectáculo presenta ao lago máis cáustico, crítico e mordaz nun arranque de temporada que chega despois de que máis de 50.000 persoas aplaudisen o seu anterior “Soy un miserable”, co que colgou o cartel de entradas esgotadas en Madrid.

En ”En directo”, o miserable Miguel voa so nun show do que artistas como Pedro Ruíz dixeron que "é magnífico, non deixa títere con cabeza, ten o éxito asegurado", Eloy Arenas destacou recentemente a calidade do espectáculo tildándoo de "Imprescindible" e milleiros de espectadores coincidiron en que "non te deixa indiferente".

Nado en Vigo, Miguel pasou varios anos da súa mocidade en Vilagarcía. Comezou a dedicarse ao humor aos 18 años e descubriu o xénero coa primeira edición de 'El Club de la Comedia'. Tras catro nos facendo actuacións por Galicia, presentouse ao casting deste espazo e conseguiu ser seleccionado entre os 20 mellores dos 800 candidatos. Gravou 9 monólogos con Paramount Comedy, un especial "Pata Negra" e foi membro da xira "10 cómicos 10", así como un rostro habitual de "Las noches de El club de la comedia". Tamén ten escrito libros, actúa en teatros e é un rostro televisivo habitual.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -