_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
“Todos somos capaces” é o lema da Festa do Deporte Local que se celebra mañá

Vilagarcía celebra mañá, venres 26 de maio, a Festa do Deporte que este ano, co lema “Todos somos capaces”, incide no aspecto integrador do deporte e en facer visible o deporte adaptado.Con motivo desta cita anual, a Fundación Municipal organiza unha xornada destinada a recoñecer o mérito dos deportistas locais e a continuar coa súa labor de promoción e fomento do deporte para todos e todas. Por esta razón, o parque Miguel Hernández será o epicentro das numerosas actividades lúdicas e deportivas a desenvolver durante toda a tarde e que estarán abertas á participación de todo o mundo, e a festa rematará coa cerimonia de entrega do Premio ao Mellor deportista do Ano, nun acto a celebrar a partir das 21:00 horas no Salón García. Os cinco finalistas a recibir o galardón son: Pedro Muñoz (Kenpo), Jesica Bouzas (tenis), Julio Suárez (xadrez), Jordi Aragonés (preparador físico) e Gustavo César Veloso (ciclismo).
25.05.2017.- As actividades lúdico deportivas repartiranse entre as distintas zonas do Parque Miguel Hernández e a Praza da II República entre as cinco e as oito da tarde. Os monitores da Fundación dirixirán as sesións nas que poderán participar tanto nenos como adultos. Haberá actividades relacionadas coas disciplinas que se imparten nas escolas deportivas para nenos e nenas e tamén da oferta para adultos: rugby, zumba, taekwondo, xadrez, esgrima e xogos populares e de habilidade.

Trátase dunha xornada festiva no que a diversión practicando actividade física está garantida e que pretende animar a todo o mundo algún tipo de deporte como hábito saudable que é. Pero a festa taén serve de recoñecemento ao deporte de competición e a todos os colectivos e entidades que favorecen a súa práctica. Por iso, no acto da note farase entrega do premio ao Mellor Deportista do Ano e se entregarán varias mencións especiais.

Ao acto foron invitados todos os clubs e entidades deportivas da cidade.

CANDIDATOS AO MELLOR DEPORTISTA LOCAL E MÉRITOS:

- Pedro Muñoz (Kenpo): Campión de España en Combate e Campión Galego en diferentes especialidades.

- Julio Suárez (xadrez): Campión de España xuvenil, Campión de España en Xadrez Rápido, Campión de España por equipos na categoría sub 18 e primeiro Taboleiro no Club Xadrez Fontecarmoa na División de Honra.

- Jordi Aragonés (preparador físico): Medalla de Prata nos Xogos Olímpicos de Río como preparador físico da selección española de baloncesto feminino.

- Jesica Bouzas (tenis): Campiona Galega Infantíl en individuais, Subcampiona Galega en cadete e júnior na modalidade de dobres, Campiona de España en dobres e compoñente da selección española no campionato de Europa sub 14 de Turquía.

- Gustavo César Veloso (ciclismo): Segundo na Volta a Portugal e gañador de tres etapas nesta mesma proba.

MENCIONES ESPECIAIS:

- Directivo: Tuco Renda. Pola súa dedicación como directivo do Club de Fútbol San Martín durante máis de 25 anos, etapa á que puxo fin o ano pasado.

- Adestrador: Alberto Blanco. Pola súa participación no Campionato Europeo co equipo Liatuno Lietuvos Rytas e obtención do título da Copa da liga lituana.

- Traxectoria deportiva: José Luis Queiruga. Ex presidente do Club Polideportivo de Educación Especial e polo seu constante apoio e defensa do deporte adaptado e aos deportistas con discapacidade.

- Colaboración co deporte: Ramiro Carregal. Polos seu apoio a clubs e a Fundación de Deportes e polos patrocinios á celebración de diversos eventos deportivos no municipio.

- Medios Comunicación: Diego Alcaine. Pola labor de comunicación e difusión do deporte en xeral do noso Concello a través da canle Arousa TV.

- Evento deportivo: Marathón Urbano Special Olimpcs, por promover e facilitar a integración e inclusión das persoas a través da práctica do deporte.

- Deporte Base: Equipo Promesa Club Remo Vilaxoán de Bateis. Polo título do Campionato Galego e proclamarse Subcampión de España.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -