_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A Orquestra Sinfónica de Galicia actúa o xoves no Auditorio da man da Concellería de Cultura

O Auditorio Municipal de Vilagarcía recibe o xoves, 1 de xuño, a visita da Orquestra Sinfónica de Galicia que, da man da Concellería de Cultura, ofrecerá un concerto baixo a dirección de Rubén Gimeno. Os prestixiosos músicos da OSG interpretarán obras de Mozart, Rossini, Chaikovsi e Mascagni nun concerto que será de entrada gratuíta grazas a que a Concellería corre integramente cos gastos de contratación. A efectos de controlar o aforo, os interesados deberán previamente retirar invitación o mesmo xoves, a partir das 19:00 horas na billeteira do Auditorio. O concerto comeza ás 21:00 horas.
26.05.2017.- A Concellería de Cultura decidiu incluír na programación de xuño o concerto da OSG dentro das iniciativas de promoción da cultura e as artes que desenvolve o departamento que dirixe Sonia Outón e, de xeito especial, o que se refire á cultura e ás artes galegas. Ademais, a idea de ofrecer o concerto de balde busca achegar a música clásica ao público en xeral e mediante unha das Orquestras de maior prestixio no territorio nacional.

Aínda que a do xoves non será a primeira vez que a OSG actúe en Vilagarcía, o certo é que as ocasións de contar cun dos seus concertos na cidade son contadas debido aos numerosos compromisos que ten a formación a nivel nacional e mesmo internacional. A maiores, poder gozar dun espectáculo de tanta calidade e nivel, na casa e de balde, é todo un privilexio do que poderán gozar os 754 espectadores que completen o aforo do Auditorio o xoves.

PROGRAMA:
WOLFGANG AMADEUS MOZART (1756-1791)
Don Giovanni, K 527: Obertura

PIETRO MASCAGNI (1863-1945)
Cavalleria rusticana: Intermezzo

GIOACCHINO ROSSINI (1792-1868)
Semiramide: Obertura


II
PIOTR ILYICH CHAIKOVSKI (1840-1893)
Sinfonía nº 5, en mi menor, op. 64
Andante – Allegro con anima
Andante cantabile, con alcuna licenza
Valse: Allegro moderato
Andante maestoso – Allegro vivace

Orquestra Sinfónica de Galicia

Creada en 1992 polo Concellode A Coruña, cidade en cuxo Palacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) é unha de las agrupacións orquestais de maior proxección en España ademais de unha marca internacional con seguidores nos cinco continentes a través da súa canle de YouTube.

Dende a temporada 2013-14 o director titular da OSG é Dima Slobodeniouk e Víctor Pablo Pérez. O director honorario. Foi orquestra residente do Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 e do Festival Mozart de A Coruña dende a súa creación en 1998. Ademais a súa presenza nacional e internacional foi constante, con concertos nas mellores salas en España e con varias xiras por Alemaña e Austria. En 2007 realizou unha xira por América do Sur —con concertos en Chile, Arxentina, Brasil, Uruguai y Montevideo—, a finais de 2009 presentouse na histórica sala do Musikverein de Viena e en 2016 ofreceu dous concertos en los Emiratos Árabes.

Tanto para os seus concertos internacionais como para os seus programas de abono, a OSG conta con solistas como Anne-Sophie Mutter, Isabelle Faust, Maurizio Pollini, Krystian Zimerman,Grigory Sokolov, Frank Peter Zimmermann, Maria Joao Pires, Elisabeth Leonskaja, Dmitri Sitkovetsky entre outros moitos.

Con ela teñen cantado Bryn Terfell, Ewa Podles, Plácido Domingo, Juan Diego Flórez, Simon Estes, Leo Nucci, Alfredo Kraus, Teresa Berganza, María Bayo e Ainhoa Arteta entre outras moitas das mellores voces líricas do mundo.

RUBÉN GIMENO
Director

Rubén Gimeno foi director titular dea Orquesta Sinfónica del Vallés dende 2009 ata a temporada 15/16.
Así mesmo, exerceu a función de director artístico da Orquestra Xoven da Sinfónica de Galicia durante seis años, labores que simultaneou co posto de violinista na Orquestra Sinfónica de Galicia.Como director invitado colaborou con gran parte das orquestras españolas e tamén dirixiu prestixiosas agrupacións internacionais.

Os seus inicios no mundo da dirección viñeron da man do profesor James Ross, obtendo o Master en Dirección de Orquestra na Universidade de Maryland. Posteriormente estudou no Conservatorio de Estocolmo co reputado mestre Jorma Panula, recibindo clase de mestres como Alan Gilbert e Essa Pekka Salonen e onde obtivo o Diploma Superior en Dirección de Orquestra.

Ademais, gravou coa Orquesta Sinfónica de Euskadi para o selo Claves, dentro a súa serie de compositores vascos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -