_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello disporá dunha praza na residencia Divina Pastora para casos de emerxencia social

O Concello de Vilagarcía terá unha praza reservada na Residencia de Anciáns Divina Pastora para atender situacións de emerxencia detectadas polos Servizos Sociais Municipais. A proposta presentada polo Concello abordouse na reunión do padroado da Fundación do Asilo Hospitalillo celebrada a semana pasada e plasmarase no convenio que a administración local xa viña firmando anualmente coa entidade e mediante o cal colabora no seu financiamento cunha achega de 15.000 euros.
30.05.2017.- A praza reservada para situacións de emerxencia social estará dispoñible este mesmo ano, unha vez que se asine o devandito convenio. Segundo este acordo, a Residencia comprométese a ter unha cama reservada e a disposición do Concello de Vilagarcía. Esta praza sería ocupada naqueles casos que previo informe acreditado dos Servizos Sociais Municipais, sexan remitidos dende o Concello por razón de urxencia/ emerxencia cando así o aconsellen razóns de interese público debidamente documentadas, obxectivadas e valoradas por parte dos técnicos municipais que conleven unha situación de desamparo, abandono e desprotección; malos tratos físicos e/ou psíquicos ou situacións de risco grave e inminente para a integridade física ou psíquica da persoa afectada e sempre e cando non dispoñan dun aloxamento alternativo que cubra as necesidades máis elementais e urxentes, garantindo a súa protección.

A ocupación da praza non é definitiva, posto que a súa finalidade é cubrir estas situacións de urxencia e garantir o benestar da persoa en tanto non se resolve a incidencia temporal, se lle busca unha solución definitiva ou se deriva a outras administracións ou servizos.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -