_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello amplía as axudas a Cáritas co novo convenio do Centro de Acollida de San Cibrán

O Concello de Vilagarcía incrementa a súa achega anual á Cáritas Interparroquial de Arousa, que este ano recibirá unha axuda total de 37.400 euros procedentes dos fondos municipais. Estes cartos enmárcanse nas subvencións de carácter nominativo que concede cada ano a Área de Servizos Sociais da Concellería de Benestar Social e Igualdade e que, no que respecta a Cáritas, destinaranse a financiar os gastos do Comedor Social e, por vez primeira, ao Centro de Acollida de San Cibrán.
06.06.2017.- A Xunta Local de Goberno tomou coñecemento onte dos dous convenios asinados con Cáritas. O primeiro e máis cuantioso, que xa viña concertándose dende anos atrás, é o relativo á subvención para colaborar nos gastos do comedor social. Para este fin, o Concello aporta unha subvención de 35.000 euros.

O segundo, e que se asina por vez primeira este ano, é o convenio de colaboración para o mantemento da Casa de Acollida que Cáritas xestiona en san Cibrán. Neste primeiro convenio, a concellería que dirixe Tania García, aportará unha axuda de 2.400 euros.

O Concello concede estas subvencións de carácter nominativo ás entidades sociais que están prestando unha importante labor en beneficio das persoas e colectivos máis necesitados, complementando apartados aos que a administración non chega cos seus propios programas e servizos, pero cos que si contribúe economicamente a través destas axudas.

Ata o de agora, o Concello só tiña subscrito con Cáritas o convenio relativo ao Comedor Social polo que pasan a diario e todos os días do ano, tano á hora do xantar como da cea, decenas de persoas que carecen de recursos e que alí poden satisfacer a necesidade máis básica que é a da alimentación.
Cáritas Interparroquial desenvolve en Vilagarcía outro importante proxecto social: o da Casa de Acollida de an Cibrán, co que o departamento que dirixe García Sanmartín tamén quixo colaborar a través da firma dun novo convenio ao que este primeiro ano se destinan 2.400 euros.

O centro de San Cibrán é un centro de inclusión social e de acollida básica con capacidade para 14 persoas. Empozou a funcionar no ano 2005 e dende entón foron acollidos nas súas dependencias nos seus programas de inclusión máis de 200 persoas.

A diferenza do Albergue de Transeúntes que xestiona Cruz vermella, a casa de San Cibrán preséntase como un centro de acollida a máis longo prazo e con obxectivos de inclusión social. Por iso os inquilinos participan nos programas e accións que se desenvolven no centro e que inclúen aspectos como a atención sanitaria, hábitos de saúde, apoio emocional, resolución de conflitos, autonomía persoal, habilidades sociais, xestión da economía, autonomía no fogar, e accións formativas e talleres pre laborais orientadas ao emprego.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -