_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O Consorcio Galego de Servizos xestionará a Escola Infantil de Vilaxoán

Tal como xa anunciara o conselleiro de Políticas Sociais o ano pasado, a Escola Infantil de Vilaxoán integrarase na rede autonómica que xestiona o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. O entre dependente da Xunta de Galicia asumirá a xestión do centro construído polo Concello, así como a contratación do persoal docente. Pola súa banda, o Concello colaborará no financiamento dos gastos de mantemento como se vén facendo en todas as escolas infantís da rede pública.
06.06.2017.- A concelleira de Servizos Sociais, Tania García, e o xerente do Consorcio Galego, Perfecto Fernández, concretaron na reunión desta mañá os pasos a seguir a partir de agora para formalizar a inclusión do centro na rede autonómica e poñer en funcionamento a terceira escola infantil pública do municipio. Estes pasos daranse de acordo co avance da construción do edificio que, en principio, debería estar rematada en maio de 2018 para poder entrar en funcionamento co inicio do vindeiro curso escolar, en setembro dese mesmo ano.

Non obstante, e para ser precavidos dado que a experiencia demostra que as obras poden atrasarse, García e Fernández acordaron manter unha nova reunión a finais de este mesmo ano para ver como avanzan os traballos. De manterse a previsión, poderíanse iniciar os trámites de reserva de praza.

En todo caso, de demorarse máis de o provisto a obra e de non poder iniciar o curso en setembro, acordouse que se abriría un prazo extraordinario de matrícula para poder escolarizar a nenos e nenas co curso xa iniciado.

Aparte do convenio de sostemento da Escola Infantil que terán que asinar Consorcio e Concello, segundo o cal a administración local financiará un terzo dos gastos anuais, tamén se acordou a firma doutro convenio de cofinanciamento para dotar de mobiliario e equipamentos ao centro a cuxa construción o Concello destinou preto de 600.000 euros.

Acordo a través da Fegamp

A concelleira aproveitou o encontro co xerente do Consorcio para tratar sobre os outros dous convenios existentes entre o Concello e o ente autonómico: os relativos ao Centro de Día do Bosque de Desamparados e ao da escola infantil “A Galiña Azul” de Carril. Como se sabe, os convenios para este tipo de servizos foron obxecto de revisión tras as reclamacións realizadas polos municipios galegos. Tras a negociación levada a cabo pola Fegamp, finalmente chegouse coa Xunta de Galicia ao acordo de que as achegas municipios fixaríanse en un terzo dos gastos de funcionamento dos centros. En base a este acordo, o Concello de Vilagarcía abonará as cantidades correspondentes tan pronto como o Consorcio envíe as correspondentes liquidacións.

Unha necesidade xa comprometida en 2012 por Beatriz Mato

A posta en marcha da terceira escola infantil pública en Vilagarcía é unha necesidade que se ven constatando ano tras ano nas sucesivas listas de agarda que rexistran cada curso o centro municipal de A Lomba e o da Galiña Azul de Carril. Esta necesidade xa era evidente no ano 2012 cando a entón conselleira de Benestar, Beatriz Mato prometera durante a súa visita ao Concello que a Xunta dotaría a Vilagarcía da terceira escola infantil pública no prazo máximo de dous anos. (publicado o 9 de febreiro de 2012 en todos os medios).

Finalmente, o compromiso nunca se cumpriu, razón pola que o goberno socialista que preside Alberto Varela optou por asumir o custa da obra e destinar os fondos que lle correspondían ao Concello no marco do Plan Provincial de 2016 para construír o centro nunha parcela de titularidade municipal existente en Vilaxoán
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -