_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
O “DesTAPA Vilagarcía” esténdese cunha ruta de combinados, show cookings, exhibicións e máis premios

O DesTAPA Vilagarcía regresa na temporada estival con moitas novidades e un programa de actividades complementarias moi atractivo. A sexta edición desta ruta de tapas organizada pola Asociación de Hostaleiros e Iniciativas Turísticas de Vilagarcia (Ahituvi) e a Concellería de Promoción Económica e Turismo celebrarase do 9 ao 18 de xuño. A maiores da ruta de degustación de tapas, nesta ocasión haberá unha ruta de combinados, dous showcookings, unha exhibición e o concurso de tiraxe de cañas. Tamén se amplían os agasallos para os clientes, cun premio en metálico de 300 euros e moitas máis sorpresas.
06.06.2017.- Nesta sexta edición son 16 os locais que elaborarán a súa tapa especial para levarse o premio gastronómico que votarán os clientes. Son o Xoxe’s, Tablizo, Misterio, Madia Leva, La Terraza, La Parra de Julián, La Malquerida, La Baldosa, El Pasiego, Dysania; Doña Tapa, Derby, D’María, Churruca, Barco de Co e A Esmorga.

PREZOS POPULARES
Como é habitual do DesTAPA, os prezos das especialidades gastronómicas serán populares. A tapa sen bebida venderase a 2 euros. A tapa con botellín de cervexa Mahou custará 3 euros, con copa de albariño Eidosela ou mencía Villaredo 3,50 euros.
Ademais, haberá dous Días do Tapeador, o martes 13 e o mércores 14, no que os prezos redúcense aínda máis con tapa a 1,70, con cervexa a 2,70 e con viño a 3 euros.

Na Ruta do Gin Master’s participan 9 locais nocturnos: Bianco, Gotham Rock, Hibernia, La Marina, La Bolsa, Miúdo, Morla, Musaraña e Samá. Cada un deles ofrecerá o seu combinado especial a base de xenebra. Os prezos son de 5 euros.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E GRATUÍTAS:

O DesTAPA Vilagarcía é moito máis que unha simple ruta gastronómica de tapeo para promoción e dinamización do sector hostaleiro. Por iso o programa inclúe actividades como op concurso de tiraxe de cañas que terá lugar o venres 9 ás 12:00 horas na Praza de Galicia. Neste mesmo lugar celebrarase o sábado 10 o primeiro dos showcookings programados o de “Cociña fácil para os nenos e sorprendente para os pais” que impartirá Rubén García a partir das 19:30 horas. O segundo terá lugar o martes 13 no local La Parra de Julián a partir das 20 horas. O propio Julián impartirá a actividade “Cociñando con viños galegos”.

O xoves 16, a Rúa Alcalde Rey Daviña acollerá unha Máster class sobre Os Viños galegos a cargo de José Dieste.Comezará ´ñas 20 horas. O venres 17, na terraza de La Marina a partir das 20 horas celebrarase unha exhibición de coctelería a cargo de Paula Rial. A participación nestas actividades é libre e de balde.

TAPA GAÑADORA E SORTEO DE PREMIOS

O funcionamento do concurso é o de costume. Os locais disporán das tarxetas que os clientes deben selar cada vez que acudan a tomar unha tapa ou combinado aos establecementos participantes. Os clientes puntuarán as tapas que máis lle gustaran e s tarxetas cubertas e seladas depositaranse nas furnas dos establecementos. Con elas farase un sorteo público o día 23 de xuño. Os premios van dende os 300 euros en metálico a vales compra, pack de enoturismo, produtos gastronómicos, visita ao Pazo de Rubiáns ou circuítos no Spa Arullos del Agua.

IINICIATIVA CONSOLIDADA E MOI POSITIVA

O ALCALDE, Alberto Varela, participou na presentación da VI edición do DesTAPA Vilagarcía, unha iniciativa que o rexedor gabou polo efecto positivo que ten como dinamizador do sector hostaleiro e turístico e tamén porque é o xeito perfecto de dar a coñecer a calidade da gastronomía local e dos nosos restauradores. Varela comentou que o DesTAPAS, ademais de estar perfectamente consolidado, é un evento que funciona, como demostra que fora copiado noutros municipios da zona, e agradeceu a iniciativa e disposición de Ahituvi para continuar traballando nesta liña tan produtiva para todos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -