_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Patrimonio aproba “con nota” o proxecto de humanización da Praza de Galicia

O proxecto para a humanización e peonalización da Praza de Galicia recibiu a aprobación de Patrimonio. A Comisión provincial celebrada esta semana abordou a actuación proxectada polo Concello, destacando moi favorablemente aspectos como a reseña histórica e a interpretación da mesma que se propón respectando os cursos orixinais das augas antes da execución dos recheos e coa introdución de acequias para previr as inundacións. Tamén se valorou moi positivamente a importante mellora estética que suporá a actuación promovida polo Concello e que foi deseñada polo arquitecto Mariano Vázquez.
08.06.2017.- As positivas valoracións recollidas nos informes de Patrimonio acolléronse con moita satisfacción no seo do goberno local xa que avalan os criterios propostos polo Concello para o proxecto e tamén a calidade arquitectónica e estética da actuación que transformará o centro urbano da cidade.

A aprobación por parte de Patrimonio é un trámite obrigatorio para o proxecto que o Concello levará a cabo na Praza de Galicia debido a que o espazo se integra nunha zona rodeada de edificios catalogados. Unha vez superado este paso, o goberno xa ordenou ao Servizo de Contratación iniciar a elaboración dos pregos de licitación para ter todo disposto para sacar a obra a concurso tan pronto como a Deputación confirme a concesión da subvención solicitada polo Concello para financiar a obra con cargo ao POS 2017. O importe da mesma ascende a 353.593 euros.

ENTRE PADRE FEIJÓ E CONDE VALLELLANO

O proxecto de peonalización e humanización da Praza de Galicia abrangue o tramo da rúa comprendido dende o cruce con Padre Feijó ata o de Conde Vallellano. Ademais de eliminar o tráfico rodado da zona, excepto para actividades de carga e descarga ou emerxencias, o proxecto de humanización intentará recuperar a antiga imaxe de que tiña a zona por cuxas inmediacións discorría un regato que viña dende o que hoxe é a rúa Alcalde Rey Davilña, anteriormente denominada Rúa do Río. Para recrear unha zona de alameda, plantaranse especies arbóreas que aporten verde e frescor a unha Praza na que hoxe domina o gris da pedra, e construiranse unha especia de canais ou acequias ou vasos abos polas que cumprirán unha dobre función: na temporada seca funcionará a modo de fontes e na de choiva favorecerán a recollida absorción das augas e reducirán os riscos de inundacións nunha zona onde a capa freática atópase case en superficie.
O proxecto inclúe a instalación de mobiliario urbano (bancos, farolas, papeleiras…), así como a revisión e renovación das redes de servizos municipais de abastecemento e saneamento.

CONTINUIDADE COA PRAZA DA INDEPENDENCIA

As peonalización son unha das liñas preferentes do modelo de cidade que defende o goberno que preside Alberto Varela e que se enmarcan nos obxectivos de mobilidade e de avanzar nunha Vilagarcía atractiva, cómoda e sostible na que as rúas sexan dominio dos peóns. Co proxecto de humanización da Praza de Galicia en marcha, o executivo socialista, xa ten en mente a seguinte fase que afectará á Praza da Independencia e que dará continuidade á esta. Este segundo proxecto está sendo redactado polo arquitecto Leopoldo Iborra e a pretensión do Concello é executala xusto a continuación da Praza de Galicia, financiándoa cos fondos europeos dos que disporá Vilagarcía a través da liña DUSI.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -