_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Rosendo encabezará os concertos de San Roque 2017, que inclúen tamén a Roi Casal e o seu "Son galego, son cubano"

Rosendo Mercado, un dos máis importantes representantes do rock español, será a cabeza de cartel dos concertos programados polo Concello para as festas de San Roque, programadas para os días 11 a 20 de agosto próximo. En concreto, o histórico líder de Ñú e Leño subirase ao escenario da Xunqueira o luns 14, ás 23:00 horas.
10.06.2017. O evento será gratuíto, como todos os demais de San Roque 2017. O programa que elabora a Concellería de Cultura, que dirixe Sonia Outón, xa está moi avanzado. Como vén sendo habitual, na música trátase de combinar o rock, o pop e o folc, garantindo así chegar a un maior número de públicos. Neste sentido, na mesma semana que Rosendo, pero xusto ao día seguinte da Festa da Auga, actuará Roi Casal e ou seu grupo dentro da súa xira "Son galego, son cubano", que seguro que sorprenderá a máis de un pola mistura de ritmos e idiomas (xoves 17, 23:00 horas).

Roi Casal traballou conxuntamente neste espectáculo con Neira Vilas ate o falecemento deste último en novembro de 2015. A xira é considerada unha fermosa homenaxe ao propio Neira Vilas e á emigración galega en Cuba, onde o escritor residiu 31 anos da súa vida para deixar rexistrada en varias das súas obras a incrible epopea dos galegos na illa caribeña.

NOVO DISCO
Como é evidente, na mesma semana de San Roque haberá alomenos dous concertos máis, que aínda estar por pechar, o que non é doado posto que non todos os grupos están de xira e ademais coincide nunha quincena na que medio país celebra as súas festas maiores.

Con todo, se estima confeccionar un bo cartel, no que probablemente Rosendo sexa o maior reclamo, tendo en conta a sua traxectoria e o feito de que está de xira presentando o seu novo disco, "De Escalde y Trinchera", dez novos temas nos que o músico de Carabanchel "combina -marca de la casa- frases dixeribles, de gato de rúa e barrio baixo, con dardos de alcurnia que repasan dunha manera intelixente o estado anímico que atravesa a sociedade actual", segundo informan dende a súa productora.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -