POLICÍA LOCAL
O 8% dos condutores sometidos ao test de alcoholemia na última semana deron positivo A Policía Local de Vilagarcía colaborou a semana pasada na última campaña da DGT para o control da taxa de alcoholemia e presenza de drogas nos condutores que se desenvolveu entre o 5 e o 11 de xuño. A acción levada a cabo polos axentes nas vías de ámbito municipal desvelou que o 8% dos condutores sometidos ao teste de alcoholemia superaban os límites legais permitidos.
12.06.2017.- No marco desta campaña leváronse a cabo un total de 137 controis aleatorios en diferentes estradas do municipio e a distintas horas, tanto do día como da noite, dando como resultado un total de 11 alcoholemias positivas. Dos expedientes tramitados 10 corresponderon a sancións administrativas e un dou orixe a unha denuncia pona vía penal.
Os controis realizáronse os mércores, xoves, sábado e domingo. Na primeira xornada, a do mércores, ningún dos 30 condutores parados dou positivo. O xoves fixéronse 37 test dos que dous condutores superaban a taxa legal dando pe a sendas denuncias administrativas. O sábado sometéronse á proba 39 condutores dos que tamén foron 2 os que deron positivo, un dos cales foi denunciado pola vía penal. O maior número de positivos se rexistraron no control tempraneiro do domingo, con 7 alcoholemias positivas dos 31 test practicados.