_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O SPAD abre a exposición de carteis escolares “TBO e non che creo!” sobre os falsos mitos do alcohol

A zona do ves´tibulo da Casa de Cultura de Vilagarcía acolle a partir de hoxe e ata o 30 de xuño a exposición de carteis elaborados polos alumnos que participaron ao longo do ano nas actividades e obradoiros organizadas pola área de prevención do SPAD de Vilagarcía. Baixo o título, “TBO e non che creo!”, os escolares expresan mediante debuxos as súas reflexións sobre o consumo de alcohol e os falsos mitos a es asociados.
12.06.2017.- A exposición está composta de 10 carteis e na súa elaboración participaron un total de 205 alumnos/as e 10 mestres/as de 5º nivel de Ed. Primaria (10-11 anos). Os centros as que pertencen os autores dos traballos son o Anexo A Lomba, A Lomba, A Escardia, O Piñeiriño, Rosalía de Castro, Sagrada Familia e Rubiáns.

Os nenos/as que elaboraron os carteis, participaran previamente en 10 obradoiros englobados dentro do Programa "TBO" e non che creo!", de Intervención socioeducativa sobre a prevención do uso/abuso de alcohol; nos que se traballaron contidos en relación aos efectos/consecuencias do abuso de alcohol e os seus mitos ou crenzas erróneas. Neste programa participaron todos os centros educativos de Vilagarcía de Arousa (336 alumnos/as e 17 profesores/as.

A través deste Programa a Área de Prevención do SOPAD pretende traballar cos nenos e nenas nas idades previas ás que se produce o inicio do consumo de alcohol, co obxectivo de modificar a percepción de normalidade do consumo, incrementar a percepción de risco, modificar a percepción normativa do grupo e eliminar as crenzas erróneas ou mitos en rlación ao uso do alcohol.

Enquisa do Ministerio de Sanidade

Segundo a última Enquisa sobre uso de drogas en ensinanzas secundarias (EStudes 2014-15), do Ministerio de Sanidade, case o 80% (78,9%) dos mozos/as españois entre 14-18 anos probaron o alcohol algunha vez na súa vida, prevalencia que é do 57,4% aos 14 anos. A idade media do inicio no consumo é de 13,8 anos e o consumo semanal comeza por termo medio aos 15 anos.

Como datos inquietantes sinalar que a primeira borracheira sitúase aos 14,8 anos, e que 1 de cada 3 mozos/as ten nun intervalo de 30 días un consumo de alto risco (consumo en atracón ou "bringe drinking": con 5 ou máis vasos, cañas ou copas de alcohol nun intervalo de tempo de 2 horas aprox.).

O consumo de alcohol forma parte da nosa cultura, sendo a droga máis consumida no noso pais e da que se ten unha percepción de risco ou perigosidade máis baixa (só un 47% pensa que tomar 5 ou 6 copas un fin de semana supón un risco). Desde idades temperás escoitamos e interiorizamos diversos mitos e falsas crenzas sobre os posibles beneficios asociados ao seu consumo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -