CONCELLO
Carril disporá este verán dunha nova zona deportiva na zona de San Roque -A Tomada Os veciños de Carril disporán a partir deste verano dun novo equipamento no que facer deporte. Trátase da pista multideportiva que o Concello comezou hoxe mesmo a instalar na zona de San Roque.- A Tomada e coa que se atende unha demanda dos habitantes da localidade. A actuación supón un investimento de 50.300 euros e ten un prazo de execución de un mes. A empresa que se encarga da obra é Globalia.
15.06.2017.- Goberno local atende con esta obra a petición da veciñanza de Carril que sempre se queixaba da carencia de infraestruturas deportivas na localidade. Xa o ano pasado se instalou unha canastra da Alameda, onde lle solicitaran os usuarios do parque, e agora execútase a instalación da cancha multideportiva.
A infraestrutura da Tomada terá pavimento axeitado para a práctica deportiva e a exposición á intemperie, canastras de baloncesto, mini porterías de fútbol e contará, dotarase de iluminación e contará cunha malla perimetral para evitar que se escapen os balóns. A infraestrutura colócase nunha parcela de titularidade municipal e a obra finánciase con fondos provinciais do POS 2016.