_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
Concello e IGSV constitúen a comisión e concretan as bases do programa de vivendas baleiras

O Concello de Vilagarcía e o Instituto Galego de Vivenda e Solo veñen de dar un novo paso de cara á posta en marcha do Programa de Aluguer de Vivendas Baleiras. A concelleira de Benestar e Igualdade e a coordinadora de Servizos Sociais participaron onte na reunión en Santiago na que se constituíu a comisión de seguimento e coordinación e se dou o visto bo ás bases que regularán o programa.
16.06.2017.- A importancia da reunión de onte, ademais de avanzar de cara a posta en marcha práctica do programa, reside na posta en común dos contidos das bases que regularán tanto os requisitos e criterios para a incorporación de vivendas baleiras ao programa como os dos solicitantes que poderán acollerse ao programa, así co o os procedementos de tramitación e concesión en ambos casos.

No documento especifícase por exemplo o procedemento de inscrición e incorporación de vivendas, así como as características que estas deben cumprir e as os prezos máximos de aluguer. Tamén concreta os perfiles prioritarios dos beneficiarios/arrendatarios do programa, o procedemento de trámite e adxudicación.

Realizado este trámite, o seguinte paso que deben dar os concellos será a aprobación das bases nos seus respectivos órganos de goberno e será a partir de aí cando se poña en marcha o programa.

O que tamén se explicou na xuntanza é que as vivendas a incorporar á bolsa deben someterse previamente a unha inspección que realizarán os servizos técnicos dos concellos para avaliar o estado e características das mesmas e as condicións de habilitabilidade. Tamén deberán de indicar as obras a realizar no caso de precisar arranxos ou reformas que os propietarios deberán executar para poder pasar a formar parte da bolsa. A través destes informes e das características de cada vivenda, fixará unha cota máxima de arrendamento.

Axudas para arranxos e reformas nas vivendas da bolsa

Os responsables do IGVS informaron tamén que a Xunta convocou unha liña de subvencións para reformas en vivendas a incluír na bolsa deste programa autonómico. Para o cal se terán en conta os informes previos dos técnicos municipais, xa que so se poderán financiar con estas axudas as actuacións por eles sinaladas.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -