_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Bebe e Leilía se suman ao cartel de concertos de San Roque 2017, no que xa están Rosendo e Roi Casal

María Nieves Rebolledo, máis coñecida como Bebe, e o grupo folc Leilía se suman ao cartel de concertos das festas de San Roque 2017. En ambos casos presentarán os seus novos traballos. A cantante estremeña, o sábado 12 con "Cambio de piel", e as pendereteiras e solistas de Leilía, o domingo 13 con "CONsentimento". No mesmo cartel de San Roque xa están os anunciados Rosendo (luns 14) e Roi Casal (xoves 17). Faltan por engadir os concertos dos grupos locais, que se desvelarán en vindeiras datas.
17.06.2017. No seu concerto, Bebe presentará todas as cancións de "Cambio de piel", un traballo que conta coa producción de Carlos Jean e coa que cantante e actriz regresa aos escenarios despois de case tres anos de ausencia, reflexión e creación para reinventarse. Xunto con "Respirar", o single de presentación de "Cambio de piel" ou "Todo lo que deseaba" e "Tan lejos, tan cerca", tamén do mesmo disco, no recinto da Xunqueira soarán igualmente éxitos ben coñecidos como "La bicha", "Ella" ou "Siempre me quedará". En total, un espectáculo de case dúas horas de duración nas que Bebe estará acompañada por experimentados músicos como o guitarra Javi Pedreira, o baixista Jacob Reguilon, o teclista Josué Bravo, e o batería Carlos Sánchez.

Pola súa banda, Leilía, que acaba de cumprir 25 anos sobre os escenarios, presentará en Vilagarcía o seu novo espectáculo "CONsentimento", no que, segundo anuncia, o público poderá cantar, rir, chorar e ata rematar bailando. O espectáculo, deseñado por Quico Cadaval, un dos grandes profesionais da escena galega, coa colaboración do músico e arranxista Xoán Porto, abeira á perfección da beleza do canto tradicional e os versos de varias das mellores poetas galegas da actualidade: Ana Romaní, Yolanda Castaño, Eva Moreda, Mariña Pérez, Eva Veiga, Ana Amado e Marilar Aleixandre. Para iso, Leilía, ademais das súas características pandeiretas, tamén contará co acompañamento dunha guitarra, un acordeón e un contrabaixo.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -