_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CULTURA
Rematada a elaboración regulamento de usos culturais, que se someterá á aprobación do pleno de xuño

O proceso de elaboración do Regulamento de uso e funcionamento das instalacións culturais municipais rematouse este mediodía tras a celebración da última xunta de voceiros na que o goberno entregou aos grupos copa do documento final tras ter incorporado propostas realizadas pola oposición e polos colectivos veciñais e culturais. Tras o longo proceso de redacción dun documento que se abriu ao consenso de todos os colectivos implicados, o regulamento someterase á aprobación do Pleno da vindeira semana.
20.06.2017.- O goberno quere axilizar ao máximo a entrada en vigor da norma para poder empezar a asinar os convenios de colaboración coas entidades que se encargarán da xestión das instalacións culturais.

A necesidade de elaborar un novo regulamento de usos culturais nace como consecuencia da desaprobación e o descontento xeral que existía co documento aprobado polo anterior goberno do PP coa oposición do resto dos grupos políticos e dos colectivos. O novo texto conta coa aprobación dunha ampla maioría das asociacións coas que o goberno local tamén se reuniu en varias ocasións para recoller as súas necesidades e propostas.

O regulamento foi revisado e conta co visto bo da Secretaría Xeral do Concello, a quen corresponde elaborar o informes xurídicos.

A súa entrada en vigor servirá para resolver conflitos pola xestión das cafeterías dos centros, distinguindo entre as que poden ser xestionadas directamente polas asociación das que deben selo a través de concesión. O texto propón a creación dunha comisión de seguimento para resolver a concesión da xestión a unha entidade cando hai máis de un colectivo interesados. Tamén está prevista a creación de consellos reitores en cada centro socio cultural composto polas entidades e asociacións de cada parroquia a efectos de favorecer a autoxestión dos mesmos, e introdúcese no texto a figura do Consello da Cultura que se constituirá en breve.

O documento tamén supón importantes melloras para as entidades que se encargarán da xestión dos centros veciñais e casas de cultura recollendo novos conceptos para a xustificación dos gastos a incluír nos convenios que financiará o Concello.

Outros aspectos que se recollen no texto é que non se permitirá o uso privativo das instalacións municipais e tampouco poderán instalarse nelas máquinas de xogo ou tragaperras.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2017  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -