_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello destina 24.498 euros a ampliar a rede de recollida de pluviais en Trabanca Sardiñeira

A Xunta de Goberno Local acordou na reunión de onte adxudicar a Marconsa a obra de ampliación da rede de pluviais na Rúa Loureiro, en Trabanca Sardiñeira. Cun investimento de 24.498 euros a actuación que completará os traballos contratados pola Xunta de Galicia para canalizar as augas procedentes da propia coca hidrográfica e as escorrentas causadas pola construción da circunvalación norte, evitando deste xeito a acumulación de augas e inundacións de vivendas que se estaban a producir cada vez que chovía de forma intensa.
20.06.2017.- A obra proxectada polo Concello consiste na ampliación da capacidade de recollida de augas da rede de pluviais mediante a colocación dun colector de PVC de 630 mm de diámetro máis do triplo do actual, que é de 200 mm) e que terá unha lonxitude de 43 metros.

A actuación inclúe a instalación de novas canaletas de drenaxe superficial con rexa resistente ao tráfico rodado, construción de pozos de rexistro e reposición do pavimento en toda a superficie afectada.

A obra financiada polo Concello levarase a cabo de forma coordinada continuada á da Xunta, que tamén adxudicou o seu proxecto a Marconsa, o que permitirá actuar con maior axilidade.

Con este novo exemplo de colaboración entre institucións resólvese unha problemática que os veciños de Trabanca Sardiñeira, e máis en concreto da zona do Loureiro, viñan sufrindo dende que se iniciaron as obras da VG 4-7. Despois de moito tempo e numerosas xestións, a Axencia Galega de Infraestruturas decidiu acometer unha obra para canalizar a recollida das augas pluviais dende a circunvalación nun tramo duns 250 metros entre a saída quilométrica 0.8 da circunvalación ata a zona máis alta da Rúa Loureiro, onde a conectaría coa rede de recollida de pluviais existente.

Dada o maior volume de auga que chegará a este punto e tendo en conta que a tubaxe da rede municipal era de inferior diámetro coa que pensa entroncar a Xunta, a actuación faría desbordar a rede neste punto afectando igualmente ás vivendas da zona. Ante esta situación o Concello decidiu completar a obra ampliando a capacidade de recollida, para garantir que non se volvan a asolagar as propiedades desta zona.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -