_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O Concello reducirá un 82% o gasto eléctrico no alumeado público do polígono do Pousadoiro

Os plans de renovación do alumeado público municipal con criterios de eficiencia e aforro enerxético que está a desenvolver o Concello de Vilagarcía dende hai uns anos, estenderanse proximamente ao parque empresarial do Pousadoiro onde nos vindeiros meses levarase a cabo una actuación que permitirá reducir un 82% o gasto anual no consumo eléctrico.O proxecto consiste en substituír por tecnoloxía led as 87 luminarias das vías públicas e zonas de aparcamento do parque empresarial.
22.06.2017.- O proxecto ten un custe de 55.600 euros que cofinanciarán o Concello, cunha achega de 11.118 euros e cunha subvención da Consellería de Industria por importe de 44.472 euros. A memoria do proxecto redactado polo Enxeñeiro Municipal foi aprobado pola Xunta Local de goberno e xa se tramitou a subvención. O prazo de execución é de 1 mes, e os traballos comezarán tan pronto como estean contratados o subministro dos materiais e as obras. Ademais da substitución das luminarias, a actuación inclúe a reposición de 540 metros de cableado soterrado e a reparación dos báculos que se atopen en mal estado.

Segundo os cálculos que figuran na memoria dos proxecto, as actuais luminarias consumen anualmente 79.789 kilowatios/hora, que coa tecnoloxía led reducirase a a 14.189 kWh/ ano. En termos económicos, o gasto por consumo de electricidade nas zonas públicas do polígono do Pousadoiro pasará dos 11.968 euros anuais que se están a pagar na actualidade, a tan so 2.118 euros, o que supón un aforro dun 82%.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2017  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -