CONCELLO
Tres empresas están interesadas en explotar o quiosco bar da Praia Compostela Tres empresas concorren ao concurso convocado polo Concello de Vilagarcía para adxudicar a explotación do quiosco-bar da Praia Compostela. A Mesa de Contratación reunise esta mañá para abrir as ofertas que agora deberán ser informadas polos servizos técnicos e xurídicos antes de emitir a proposta definitiva de adxudicación.
22.06.2017.- O Concello de Vilagarcía sacou a licitación o contrato para a explotación do quiosco da praia da Compostela co obxecto de que o servizo estea en funcionamento coa temporada de verán. A intención é que as instalación presten servizo de xeito continuado e coa maior estabilidade posible, polo que a oferta é de 1 ano de contrato, prorrogable outros 12 meses. O prezo de licitación é de 200 euros ao mes.
Como xa aconteceu o ano pasado, e tal como se recolle nos pregos do concurso, se valorará a presentación dun proxecto de dinamización das instalacións mediante a organización de actividades ou prestación doutros servizos, para garantir a actividade e incrementar o atractivo dunhas instalacións situadas en un lugar privilexiado e que contan cun enorme potencial turístico.
O Concello establece un horario mínimo a cumprir polo establecemento do 15 de xuño ao 15 de setembro que será de 10 da mañá ás 21 horas ininterrompidamente. A ampliación puntuará positivamente e aínda que se deixa flexibilidade no horario de outono e inverno, tamén se terá en conta.