_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O Concello apaga as fontes ornamentais e fai un chamamento ao consumo responsable da auga

O Concello de Vilagarcía decidiu apagar temporalmente as fontes ornamentais do municipio co obxecto de aforrar no consumo de auga despois dun inverno e unha primavera especialmente secos que provocan que as reservas de auga estean por debaixo do nivel recomendable. En consonancia con esta primeira medida adoptada polo Concello, dende a Concellería de Medio Ambiente faise un chamamento á poboación para que fagan un consumo responsable do auga nas súas casas e traballos.
23.06.2017.- A situación do abastecemento de auga potable en Vilagarcía non periga polo de agora, pero podería chegar a selo se proseguen as altas temperaturas e non se rexistran choivas despois de varios meses de seca. Esta é a razón pola que o departamento que dirixe Lino Mouriño decidiu comezar a aplicar medidas preventivas de aforro de auga nestes días nos que as altas temperaturas elevaron de forma considerable o consumo de auga.

A concellería mantense en situación de prealerta e manterase en contacto coas autoridades autonómicas para, no caso de persistir esta situación, ampliar as medidas de aforro de auga e, de ser necesario, incluso chegar a restrinxir determinados usos.

Independentemente de cómo evolucione a situación, Mouriño lembra que a auga é un ben limitado, tamén en Galicia, e que todos os cidadáns debemos concienciarnos e tomar medidas na nosa vida cotiá para aforrar o máximo o consumo deste prezado e necesario elemento.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -