_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
XUVENTUDE
Vinte mozos e mozas de 12 a 16 anos poderán participar no Campamento Medio Ambiental

A Concellería de Xuventude organiza a segunda edición do Campamento xuvenil Medio Ambiental que se desenvolverá nos meses de xullo e agosto. Trátase dunha actividade para rapaces e rapazas de 12 a 16 anos que os levará a adentrarse en Cortegada, practicar kaiak, practicar xogos de xeo localización ao aire libre, coñecer a riqueza natural e patrimonial e histórica de Vilagarcía, facer sendeirismo por Xiabre, coñecer os parques da cidade, visitar o castro de Alobre e ata a navegar nun galeón. Ofértanse 20 prazas e o prazo de inscrición vai do 27 de xuño ao 5 de xullo. Os formularios de inscrición , as bases e o programa poden obterse no taboleiro de anuncios desta web. A participación é de balde.
23.06.2017.- O campamento Medio Ambiental organizouse o ano pasado por primeira vez e foi todo un éxito, tanto de participación como de críticas, xa que anteriormente apenas había propostas de ocio para este sector da poboación xuvenil que, ademais de ofrecer unha alternativa moi atractiva de entretemento ao aire libre para os rapaces e de coñecemento do entorno no que viven, tamén entra nas medidas que pon en marcha o Concello para favorecer a conciliación.
Dada a grande acollida do ano pasado, é probable que se rexistre maior número de inscricións que de prazas dispoñibles. En previsión de que isto aconteza, as 20 prazas adxudicaranse por sorteo público a levar a cabo o 7 de xullo.

O campamento medio ambiental desenvolverase en dous tramos (do 31 de xullo ao 4 de agosto e do 7 ao 11 de agosto) en horario de mañá e tarde. Os participantes irán acompañados en todo momento dos monitores de Corticata Turismo Medioambiental, que serán os que os guíen e organicen as actividades previstas e que veñen especificadas no cronograma que se pode consultar no documento adxunto a esta nova.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2017  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -