_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Alberto Varela logra o apoio da Deputación ao proxecto da Vía Verde do Salnés

A Deputación de Pontevedra apoiará o desenvolvemento do proxecto da Vía Verde do Salnés, que promoven conxuntamente os concellos de Vilagarcía, Caldas e Portas. O alcalde vilagarcián, Alberto Varela, aproveitou onte a súa visita a Pontevedra con motivo da presentación dos festivais de verán que inclúen ás Revenidas, para manter unha reunión de traballo coa presidenta do ente provincial, Carmela Silva, a quen presentou o proxecto da Vía Verde.
27.06.2017. Silva valorou moi positivamente o plan, non xa porque será o primeiro das súas características en Galicia, senón polo que suporá no fortalecemento da oferta turística da provincia e significadamente dos tres concellos e as súas comarcas. O alcalde explicoulle os pormenores do proxecto, con case dez quilómetros de vía ferroviaria recuperada, que inclúe unha ponte de ferro sobre o Umia (unha estrutura de 64 metros de lonxitude e 3 vanos que se considera un dun excelente exemplo da enxeñería ferroviaria de finais de século XIX), e o investimento necesario, algo más de 530.000 euros.

Con todo, e tendo en conta a importancia desta vía, a presidenta de Deputación expresoulle ao alcalde vilagarcián a necesidade de que Xunta e Estado se impliquen tamén no seu desenvolvemento. Neste sentido, Alberto Varela comentoulle que xa están explorando distintas vías de financiamento por parte dos tres concellos. Con todo, e se pasado un tempo prudencial, nin goberno estatal nin autonómico fan público ese compromiso, sería a Deputación quen aseguraría o proxecto cunha aportación maior, nunha demostración do seu apoio á Vía Verde e á iniciativa conxunta dos tres concellos, dous con goberno do PSOE e un do PP.

Os rexedores de Vilagarcía, Caldas e Portas seguen traballando coa idea de que no prazo dun ano a Vía Verde do Salnés poida ser unha realidade.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -