_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
O Concello ofrece á Confraría máis apoio se cambia as datas, pero esta rexeita calquera posibilidade de modificación na Festa da Ameixa

O goberno local ofreceu hoxe un maior apoio, incluído o promocional e publicitario, á Festa da Ameixa se a confraría e a agrupación de parquistas acceden a cambiar as datas decididas unilateralmente decididas por eles, é dicir, os días 19 e 20, ou sexa, trasladándoa para o luns 14 e martes 15, festivo nacional, ou a fin de semana do 26 e 27 de agosto. Sen embargo, os representantes da organización, o patrón maior e presidente dos parquistas, José Luis Villanueva, e a secretaria da agrupación, Ana Rivas, foron inflexibles no seu planteamento inicial.
03.07.2017.- Os representantes de confraría e parquistas se negan en redondo a mudar as datas, alegando que xa teñen todo contratado e compromisos adquiridos; unicamente se ofrecen a buscar unha solución conxunta aos problemas de seguridade, esquecendo os outros problemas, de operatividade e de coincidencia dun sinfín de actos nunha mesma fin de semana, o que é contrario a idea, compartida por todos, de desestacionalizar a oferta turística. Neste sentido, se lles recordou que, por exemplo, a principal festa gastronómica do Grove é en outubro, non en verán, e funciona, pero tampouco ese argumento lles vale: a data está decidida e so cabe unha solución, aceptala.

Por parte do concello, na reunión estiveron presentes o alcalde, Alberto Varela, a portavoz municipal, Tania García –que o ano pasado tivo que mediar entre a confraría e os parquistas e os veciños do Carril por facer coincidir, os primeiros, a festa co San Roque local-, e o concelleiro de Promoción Económica, Juan Antonio Pérez Callón. Na xuntanza se fixo referencia á propia evolución da festa, que naceu en xullo, en 1992, e, de feito, na información de Turgalicia, se anunciaba como "domingo anterior ao 16 de xullo". Tamén se lles recordou a variabilidade de datas nos últimos anos, sendo moi significativa dende 2009: 23, 22, 21, 19, 18, 17, 15 e 14 de agosto. Igualmente, que o argumento de que si vai antes ou despois do Combate Naval tampouco se sostén: dende 2011 foi tres veces antes e outras tantas despois do festival pirotécnico.

Pero ningún dos argumentos convence aos representantes da confraría e dos parquistas. A súa postura é inflexible e tampouco teñen resposta a unha das grandes preguntas: "que alcalde se comprometería por escrito a garantir diante de Portos de Galicia a seguridade da festa cando diante ten dous informes contrarios, un da Policía Local e outro de Emerxencias?".

Diante desta situación, o goberno local reitera o seu compromiso con Carril e coa súa Festa da Ameixa, que por algo o Concello a promoveu nun lonxano día de 1992, pero non pode menos que lamentar a actitude intransixente dos representantes da confraría e os parquistas presentes hoxe na reunión. O Concello, lembra, por último, que a festa, de celebrarse, será en terreos de Portos de Galicia, non municipais.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -