_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Romaría, cultura e patrimonio únense no “Folc no Alobre” o día 29 da man de “Pes de Barro” e o concello

Poñer en valor o Castro Alobre, o berce da cidade e un dos principais xacementos arqueolóxicos no Noroeste peninsular, e potenciar e divulgar a cultura, a lingua e a música galegas son os dos obxectivos que persegue “Folc no Alobre”, unha iniciativa que nace coa intención de consolidarse como unha referencia lúdica do verán, da man da asociación “Pes de Barro” e o Concello de Vilagarcía. Será o día 29, sábado, no Castriño.
04.07.2017.- As concelleira de Cultura, Sonia Outón, e de Urbanismo, Paola María, e en representación da organización do evento, Pés de Barro, o seu presidente, Xosé Lois Lucio, e o seu secretario, Daniel Abad Gómez, foron os encargados de presentar esta primeira edición de “Folc no Alobre”. Unhas e outros celebraron a colaboración entre a asociación e o concello para poñer en pé este proxecto que chega coa vocación de permanencia e de chegar a todos os públicos.

Así, durante todo o día haberá talleres de música, danza e artesanía, almorzo típico de romaría, na que cada quen deberá levar a súa comida, e concertos finais a cargo dos grupos Primordiais, Habelas Hainas e Carapaus. Segundo explicou Daniel Abad, o cronograma do “Folc no Alobre” será este:

11:00- INAUGURACIÓN con grupo tradicional Demos da Petaca
11:30- Obradoiro de Baile tradicional, para familias, con música gravada
12:00- Obradoiro de fabricación de tarrañolas (prazas limitadas)
14:00- Xantar romaría → Trae a túa comida
16:00 Actuación para público familiar.
17:00- Obradoiro de danzas do mundo
19:00- Grupo tradicional Demos da Petaca
20:30- Primordiais
22:00- Habelas Hainas
23:00- Carapaus

Na presentación, Sonia Outón agradeceu a proposta de “Pes de Barro” e animou ao público a participar na romaría, porque tamén será un motivo para coñecer uns restos arqueolóxicos que deben ser motivo de orgullo para a cidadanía. Neste sentido, Paola María lembrou que a recuperación do Castriño e a posta en valor do castro, con excavacións e musealización (pendente neste momento da decisión do Ministerio de Cultura), era e é un dos principais obxectivos do goberno local. Pola súa banda, Daniel Abad e Xosé Lois Lucio incidiron nas fantásticas condicións medioambientais e históricas do recinto e, igualmente, animaron aos vilagarciáns a participar na defensa da cultura e a música tradicionais de Galicia, pero tamén a coñecer e divulgar o patrimonio local, neste caso o Castro Alobre, cheo de historias e lendas.

Para iso, o “Folc no Alobre”, respectando o recinto de xacemento, ocupará boa parte do resto da área. Na parte máis elevada se celebrarán os talleres, na parte de bosque se desenvolverá a romaría e o xantar e na zona máis axardinada, cunha gran superficie de céspede, preto do vial do porto, se realizarán os concertos de Primordiais, Habelas Hainas e Carapaus.
Primordiais está formado por Marcelo DoBode e Luis Martíns, dous músicos do ámbito da música galega folk máis actual. Os dous artistas convídannos a unha viaxe polas hortas onde medran e afloran toda a beleza que une a arpa coa voz e a percusión máis terrenal. Están nominados aos Premios da Música Independente 2017.

Desde o 2009 ano, no que se crea o proxecto Habelas Hainas, estas catro rapazas cuxa versatilidade vai alén do feito de seren multiinstrumentistas e lévaas a explorar outros eidos artísticos como a teatralidade e as artes plásticas e visuais facendo de cada espectáculo algo diferente e senlleiro.

Carapaus, por último, é un grupo de música tradicional formado en Santiago de Compostela no verán do 2010, integrado por Emilio Lois, gaiteiro da Baña; Oli Xiráldez (frautas); Gustavo Couto (voz e tamboril); Sabela Galbán (voz e acordeón); e Martiño Galbán (bombo e voz). Baixo a proclama “Somos ghaiteiros, somos revolusionarios”, Carapaus teima en amosar a música tradicional galega, así como fornecer con pezas de composición de fondo trazo tradicional o acervo cultural galego.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -